miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, saimos todos os cursos ao patio para celebrar o 
Día da Paz.
Reunímonos ao redor do mural que fixemos entre tod@s, recitamos poemas, cantamos a nosa canción e soñamos cun mundo sempre en PAZ.

martes, 29 de enero de 2013

CANTARELA DE AMOR E PAZ

AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN DA PAZ SIGNADA PARA QUE 
TODOS POIDAMOS ENSAIALA E MAÑÁ SAIA XENIAL!
Titúlase CANTARELA DOS NENOS  e a letra é do poeta Xosé Neira Vilas

lunes, 21 de enero de 2013

ODAIKO nas escolas

O mércores 16 de xaneiro os de 5º e 6º visitamos o Auditorio do Centro Cultural Novagalicia en Vigo, para escoitar o concerto didáctico do grupo de percusión ODAIKO (¿sabedes de onde ven esa palabra?). 
Pasámolo en grande, miramos e escoitamos no escenario todos aqueles sons que sabemos facer co instrumento musical máis vello: O CORPO. 
Tamén fixeron verdadeiras virguerías con obxectos cotiáns...
E por suposto, tocaron os instrumentos de percusión máis sofisticados -como a MARIMBA-,
pero ... ao seu xeito. 
¡¡¡RIMOS MOITÍSIMO!!! 
¡¡¡ENCANTOUNOS!!!

viernes, 4 de enero de 2013

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

Pero o mellor chegou co Festival de Panxoliñas... 
Non quedou ninguén sen cantar (incluidos os mestres).
Que ben o fixestes tod@s!!!


lunes, 31 de diciembre de 2012

VISITAS REAIS

Antes de marchar de vacacións tivemos a visita do paxe que viña  recoller as cartas con todos os nosos desexos...
E o última día, sorpresa!
Visitáronnos os Reis Magos en persoa e cargados de caramelos, que ricos estaban!


CHEGOU O NADAL A REBOREDA

 O nadal respirouse por todos os recunchos do colexio...
Coa árbore e o belén na entrada; as clases e os corredores adornados e preciosos; algúns nen@s pedindo o aguinaldo e escoitándose panxoliñas en todas as linguas...

jueves, 27 de diciembre de 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Ola a tod@s!
Aquí tedes a nosa guía de lecturas con moitas recomendacións e novidades para todos os ciclos.
Aproveitamos para desexarvos un BO NADAL e esperamos que os libros teñan un lugar especial entre os vosos agasallos.

(pinchade na parte inferior dereita para velo ampliado)

lunes, 17 de diciembre de 2012

RECITANDO CELSOEMILIO

DENDE O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO PARTICIPAMOS NUN ACTO COLECTIVO PARA RECORDAR A CELSO EMILIO FERREIRO NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO. A ESTA INICIATIVA SUMÁMONOS MÁIS DE 200 CENTROS GALEGOS E 30.000 VOCES QUE RECITAMOS, Á VEZ, O POEMA "DEITADO FRONTE AO MAR".


martes, 11 de diciembre de 2012

Contacontos e debuxos para homenaxear aos Irmáns Grimm

Para conmemorar os 200 anos da primeira edición de "Los cuentos para la infancia y el hogar" dos Irmáns Grimm (20 de decembro), a Fundación Filomena Rivero en colaboración coa Biblioteca Municipal de Redondela, organiza dúas sesións de contacontos e un concurso de debuxo no mes de decembro:

"Contos Grimmosos para nenos animosos"

( para nenos de 3 a 5 anos) O luns, 10 de decembro

"Contos dos Irmáns Grimm para tremer e rir"

(para nenos de 6 a 9 anos) O venres, 14 de decembro

Hora: 18:30 horas
Lugar: Sala Infantil da Biblioteca Municipal
(Multiusos da Xunqueira)

Ademais, os nen@s que asistan poden participar nun CONCURSO : 

"Debuxa a túa escena favorita dos contos que escoitaches", 
no que poderán participar os rapaces que asistiron aos contacontos.
Remate do prazo de entrega dos debuxos:
mércores, 19 de decembro (na Sala Infantil da Biblioteca)
Entrega de premios:
venres, 21 de decembro ás 18:30 h. (na Sala Infantil da Biblioteca)

lunes, 26 de noviembre de 2012

UNHA VISITA MOI SILENCIOSA

O pasado venres 23 de novembro visitounos Camilo, un chico xordo que traballa para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Para os máis pequenos contou dous contos moi divertidos en Lingua de Señas e practicaron signos de animais como león, mono, can…



Logo chegaron os maiores aos que lles explicou como era a vida cotiá dunha persoa xorda, é dicir, como fan para desenvolverse sen maiores problemas aínda que non escoiten nada. Así, amosounos algúns dos dispositivos cos que contan coma os timbres con luz, os vídeoteléfonos…
Camilo veu acompañado de Iago o seu intérprete e grazas a el entendimos todo o que nos dixo e tamén lle puidemos facer preguntas .




A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
Comprendimos que non hai límites para a comunicación, nin sequera a xordeira. Só temos que ter interese e estar abertos a diferentes formas de comunicarnos e de seguro que nos entenderemos con tod@s independentemente das súas características ou dificultades.

viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA DA IGUALDADE DE XÉNERO

Con motivo da celebración do Día da Igualdade de Xénero podedes ver este pequeno vídeo.
Dá moito que pensar!




Tamén Sofía Freire de 6ºA propuxo unha adiviña ou enigma moi interesante:

 Un pai vai en moto levando con el ao seu fillo de 10 anos. Circulan moi rápido nunha noite de brétema. A moto derrapa. O pai morre e o fillo queda moi malferido. Unha ambulancia lévao ao hospital máis próximo. Teñen que operalo inmediatamente.

Avisan ao cirurxián de garda, quen, ao entrar no quirófano e ver ao neno di: "Non o podo operar; é o meu fillo".

  A ver se atopades a solución!

domingo, 4 de noviembre de 2012

OLLOS DE AULA


AQUÍ VOS DEIXAMOS O NÚMERO 1 (MES DE OUTUBRO) E NÚMERO 2 (MES DE NOVEMBRO) DA REVISTA OLLOS DE AULA. 
CADA MES SERÁ PUBLICADA PARA QUE TODAS AS FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DISPOÑADES DELA. PREME EN CADA UNHA DAS PORTADAS PARA VELAS.