viernes, 21 de febrero de 2025

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

 Esta semana mergullámonos de cheo no galego con “Unha Semaniña Enteira”, iniciativa promocionada polos institutos de Redondela.

Entre outras actividades, sacamos os libros en galego da biblioteca para que ocupasen un lugar destacado e animar ao alumnado a levalos para casa; gozamos dunha obra de teatro en galego que nos acercou á figura de Rosalía de Castro; en cada aula, demos vida á nosa lingua: descubrindo receitas, recollendo refráns e ditos populares, explorando o galego na arte, investigando os topónimos da nosa contorna, dándolle un pulo a palabras menos coñecidas,... todo este traballo quedou reflectido no Taboleiro do Galego, un mural cheo de creatividade e orgullo pola nosa lingua.
Ademais debatemos sobre que actividades nos axudan realmente a usar máis o galego no día a día.
Pequenos pasos para sementar un gran amor pola nosa lingua. Seguimos facendo do galego unha lingua viva!
#Unhasemaniñaenteira #Galegosempre #taboleirodogalego #ceipReboreda

lunes, 17 de febrero de 2025

AOS PEQUES DO COLE ENCÁNTALLES MIRÓ

 Os animais máxicos de Joan Miró ❤️💛💙

viernes, 14 de febrero de 2025

CHARLA DO CONCELLO SOBRE COMPOSTAXE

 O equipo da horta de sexto contactou fai uns días co concello para pedir un composteiro e formación sobre o tema. Respondéronnos ao momento e hoxe tivemos a Alba e Alberto contándonos un montón de cousas moi interesantes sobre a compostaxe. Pasámolo xenial.

Moitas grazas a medioambiente pola súa implicación. #sextoreboreda#voznatura#concelloderedondela#aprenderfacendo#horta#compost

miércoles, 12 de febrero de 2025

OS ODS NO COLE DE REBOREDA

 En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.

Levamos semanas limpando a Horta, contactamos co concello para recibir charlas de compostaxe, creamos grupos de expertos e agora queremos implicar ao resto do centro. A ver como nos vai. #sextoreboreda#voznatura#ODS#aprenderfacendo

  • En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.

    Ver traducción

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Hoxe tivemos a inmensa sorte de contar con Raquel Pérez, enxeñeira de Enerxía e Minas do CuVI e experta en combustión que viu ao noso centro da man do @concelloredondela para celebrar o Día da Muller e da nena na Ciencia.

Falamos de ciencia, de mulleres e adestramos unha IA. Máis completo non puido ser.
Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial. Grazas ao concello, a Iría que sempre nos ofrece actividades fantásticas e a Raquel por achegarnos tan ben a ciencia.
#sextoreboreda#steam#eme#díadamulleredanenanaciencia#concelloderedondela#referentes