Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan
unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne 'Vinte mil leguas
baixo dos mares" á que convidan a participar a toda a cidadanía. As
persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para
proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a
través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da
literatura de aventuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario