A semana pasada, 12, 13 e 14 de Decembro visitáronnos dous entrenadores de Judo:
Carlos e Adrián, dentro do Programa Xogade, da Xunta, “Coñece o meu Club”.
Foi unha actividade moi divertida, xogamos, traballamos agarres, fixemos
volteretas, aprendimos a caer, … e
coñecimos algunhas cousiñas desta disciplina: o Judo. Foi moi interesante e
pasámolo moi ben. Carlos, o entrenador, díxonos que para Xaneiro ou Febreiro,
darían clases no Pavillón da Marisma. Esperamos ansiosos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario