martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO EN REBOREDA

O venres celebramos o entroido no colexio. 
Todo estaba relacionado co proyecto deste curso "O ser humano, un ser extraordinario". Polo que había disfraces históricos: mulleres e homes da Prehistoria (trogloditas), faraóns e faraonas  chegados do antigo Exipto coa súa corte e damas e cabaleiros da Idade Media; disfraces relacionados co corpo humano: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e virus; e tamén disfraces relacionados coas artes, descubrimentos e creacións humanas...
Que bonito e lucido quedou o desfile!



 Os nen@s do 3º ciclo decidiron representar as artes: música, literatura, pintura, escultura, arquitectura, astronomía, cine...
Así poidemos ver afamados pintores (Picasso, Frida Kahlo, Dali e Velázquez) e algúns dos seus cadros; a personaxes de cine; a Mozart, Beethoven, a danza e as súas partituras; a Eiffel coa súa torre, as creacións de Gaudí, esculturas das épocas clásicas e modernas ; a Cervantes, Shakespeare e algunhas das grandes obras da literatura; a Galileo e o Sistema Solar; e sen esquecer os vídeoxogos, unha das máis recentes creacións humanas.


1 comentario:

Laura de 3ºB dijo...

foi o mellor entroido do mundo ai xente que non e capaz de espresar o que ocorreu,xente como eu.Xa sei que dentro de pouco vendra o de verán pero gustariame repitilo todos os días