miércoles, 28 de marzo de 2012

CÓMIC TAMÉN PARA ADULTOS: "ARRUGAS"


Chéganos unha nova reseña dun dos cómics para adultos do "Baúl Viaxeiro". Pilar a mamá de Lucía (cocoricos), Adrián (Sinefos) e Ángel (5ºB) é a nosa amable escritora:
"-O libro "encantoume", non é sen razón que acadase o premio Nacional do Cómic en 2008. 
Conta a historia de Emilio, un director de banca xubilado, enfermo de Alzheimer, e de como a evolución da súa enfermidade o vai alonxando da realidade. 
Dícese que "unha imaxe vale máis ca 1000 palabras" e é completamente certo, porque nesta historia, en poucas páxinas, o autor consegue despertar no lector unha chea de sentimentos.
Recomendo a súa lectura. A min, emocionoume!
Agradezo a aqueles que fan posible esta iniciativa porque, de non ser así, non repararía neste tipo de literatura. 
Un saúdo!"
Non sei se sabedes que en xaneiro de 2012 estreouse a película deste cómic, que foi un éxito tanto de crítica como de público. Se queredes curiosear un pouquiño na súa páxina, clicade aquí.
E mentras deixámosvos tamén o trailer, para ir facendo boca...

7 comentarios:

aitana e seve dijo...

parecenos ben que as nais tamen fagan comentarios.

iria_lucia 6ªB dijo...

temos moitas ganas de ver á película, parece moi interesante.

ANDRÉS Y ALEX f dijo...

Eu xa vin a peli e esta moi ben

Manu y Carla. dijo...

Es muy bonito nos non criamos que fose tan bonita.

Rubén C y David dijo...

A nos gustounos moito este video
espero que a vos os gustara tamen como a nos

Rubén C y David dijo...

A nos gustounos moito este video
espero que a vos os gustara tamen como a nos

alba C. 6A dijo...

Hola chamome Alba Correa Amoedo e queria recomendar este libro: Avenida do parque, 17.

vouvos resumir un pouco:

Trata dunha nena chamada Marta que tivose que mudar a un casa vella que tiña rumores que dician que a casa estaba embruxada, pronto empezarian as clases e a ela non lle facia ningunha gracias ir a un colexio novo con profesores novos e con nenos que nin sequera sabia como se chamaban.
(agora pasa unhas cousas pero sera mellor que non boas diga porque senon os rebelarei o secreto).
Bueno foron pasando os dias e tivo que ir ao colexio, foi andando polo pasillo e tamen mirando as portas para encontrar a súa nova clase, e ali estaba chea de nenos/as que en fila esperaban que a profesora os chamase, cando esntraron todos a profesora dixolles os profesores que lle ian a tocar e cada un coas materias que lle tocaban, pasaron os minutos e tocou a serea para cambiar de clase , e entrou un profesor , se queredes saber maias leede o libro, asegúrobos que os a de gustar