Dentro do tema AUGA que vai fluindo ao longo deste curso os nen@s de 3º B leron na aula un conto no que a auga xunto con Marta foron os principais protagonistas.
Lede o resumo que fixo Lucia, pódevos atrapar esta historia do libro:
A escola dos piratas.
A escola dos piratas.
Autor: Agustín Fernández Paz.
Colección Tucán. Edit. Edebé.
Premio edebé de literatura Infantil.
Marta sempre desexaba que se inundara todo cando chovía. Ana, a súa profe desexaba o mesmo para disfrutar dalgunha aventura extraordinaria. pero Marta e Ana gardaban o segredo. Como Ana e Marta desexaban con tanta forza, un día o cole esvarou montaña abaixo.
Cando chegou ao río atopáronse con camións e helicópteros para rescatalos pero a directora non o permitiu porque non traían permisoso.
Ao final unha psicóloga axudou no rescate. Díxolles que pensaran fortemente que o edificio volvía ao seu lugar.
Fixéronlle caso e o cole voveu de novo onde sempre estivera.
Alí estaban os pais esperando por eles.
4 comentarios:
Nos o leemos e esta chulisimo. Vai de un ... MEllor calome e o descubrides vos
Nos limos ese libro e encantounos, estivo moi ben, o limos en clase coa nosa profe.
Vou intentar comprar o libro de piratas. Por que dixeronme que esta moi chulo.
Bos dias Margarida. Ese libro está moi chulo, nos xa o leemos. Aunque non me acordo se foi en cuarto ou en terceiro. Pero e igual estubo chulo igual. Xa teño gana de volver a lelo. Un bico de Adri e Lucía. Ata logo
Publicar un comentario