martes, 19 de mayo de 2009

SEXTO E A ANPA

Aínda ben non chegaramos de Tarragona, e xa marchaban para Manzaneda. Que bo curso están a ter estos de sexto!
O certo é que todos os anos a ANPA, para despedir aos nenos e nenas de sexto curso, ofrécelles a posibilidade dun fin de semana en Manzaneda.
Este ano Roberto e Iara fíxéronnos de reporteiros:
"Saímos o venres ás 5 da tarde e chegamos a Manzaneda ás 8:30, para cear. Despois da cea fomos xa á discoteca onde o pasamos pipa. Saimos da disco sobre ás 11:45 pero, seguimos de festa ata as dúas, máis ou menos, tendo coidado co sereno (vixiante nocturno).
O sábado xogamos ao béisbol con Aleja, coa que xa estiveramos a noite anterior na disco; Despois os cars con Rubén, onde Luís tivo un pequeno accidente; A continuación comemos e fomos a facer senderismo, na nosa ruta vimos cabalos, vacas, e bueis; Fomos logo á neve, onde o pasamos bomba deslizándonos coas palas; a facer tiro con arco e finalmente algo de escalada lateral.
Para rematar o día á disco dos maiores, pero, antes de ir para cama fomos dar unha camiñata nocturna. Vimos brilar os ollos de diversos animais na escuridade baixo a luz ténue da lúa chea e como non podía ser menos contamos algunhas historias de medo.
O Domingo fixemos un minicurso de supervivencia. Algúns fomos montar a cabalo, logo á piscina e outros xogaron ao tenis de mesa. Comemos e descansamos un pouco antes de ir con Aleja a xogar a algúns deportes.
Finalmente ás 5 da tarde saíamos dirección a Redondela."


4 comentarios:

simón 6ºa dijo...

amin o que mais me gustou foi montar a cabalo a pena que non puidemos facer escalada por que non estaba o monitor.
o pasamos moi ben na neve en verdade empapamonos de pes a cabeza.

leti de 5º dijo...

si parece moi chula manzaneda.ojala para o ano poidesemos ir nos os de 5º.sobreto os cars,montar a cabalo etc.....


que o pasarades moi ben

brais alejandro dijo...

qe chorra tuvisteis pero para el año qe viene nos toca a nosotros

David y Alba C. 3ºA dijo...

!!!Que chorreros!!! Salis de Tarragona no llegais al colegio y ya os vais a Manzaneda.