O pasado mércores 7 de maio os nenos e nenas de 3º e 4º fomos visitar a exposición "Xeopolítica" de Animación no Marco.
Alí pudemos ver distintas técnicas que utiliza o cinema de animación: debuxo, sombras, plastilina e animación dixital por ordenador nas películas que se estaban proxectando nas diferentes salas.
Sabedes que, á diferenza do cinema que rexistra imaxes en movemento continuo, na animación non existe movemento senón que as imaxes se producen unha a unha e ao proxectarse conseguimos que se produza a ilusión de movemento. ¿Queredes comprobalo?.
Para empezar só tedes que fabricar o voso propio taumatropo como fixemos nós. Si, esa palabra tan rara sirve para nomear un obxecto moi sinxelo que produce unha ilusión óptica. Tedes que coller un cartón e poñerlle dúas gomas nos laterais para que xire, a continuación , recortamos dous círculos de cartulina e debuxamos en cada un deles un obxecto como por exemplo un paxaro e unha gaiola, peixeira e peixes, espazo e cohete, árbore e froita..... e pegámolos de forma invertida no cartón. Ao moverse da a impresión de que é unha soa imaxe.
Pero non nos conformamos con construir un taumatropo senón que FIXEMOS UNHA PELI. ¿Non o credes? Unha non, fixemos dúas, e non é tan difícil so un pouco traballoso porque hai que fotografiar unha a unha as imaxes. Este é o resultado.
Unha visita moi interesante na que disfrutamos aprendendo, o único que nos estropeou un pouco a visita foi o pequeno accidente que sufriu a profe Mari Carmen, dende aquí moitos bicos e que se recupere moi pronto.
3º e 4º cursos