jueves, 8 de mayo de 2008

VISITA AO "MARCO"

O pasado mércores 7 de maio os nenos e nenas de 3º e 4º fomos visitar a exposición "Xeopolítica" de Animación no Marco.
Alí pudemos ver distintas técnicas que utiliza o cinema de animación: debuxo, sombras, plastilina e animación dixital por ordenador nas películas que se estaban proxectando nas diferentes salas.
Sabedes que, á diferenza do cinema que rexistra imaxes en movemento continuo, na animación non existe movemento senón que as imaxes se producen unha a unha e ao proxectarse conseguimos que se produza a ilusión de movemento. ¿Queredes comprobalo?.
Para empezar só tedes que fabricar o voso propio taumatropo como fixemos nós. Si, esa palabra tan rara sirve para nomear un obxecto moi sinxelo que produce unha ilusión óptica. Tedes que coller un cartón e poñerlle dúas gomas nos laterais para que xire, a continuación , recortamos dous círculos de cartulina e debuxamos en cada un deles un obxecto como por exemplo un paxaro e unha gaiola, peixeira e peixes, espazo e cohete, árbore e froita..... e pegámolos de forma invertida no cartón. Ao moverse da a impresión de que é unha soa imaxe.
Pero non nos conformamos con construir un taumatropo senón que FIXEMOS UNHA PELI. ¿Non o credes? Unha non, fixemos dúas, e non é tan difícil so un pouco traballoso porque hai que fotografiar unha a unha as imaxes. Este é o resultado.

video


video

Unha visita moi interesante na que disfrutamos aprendendo, o único que nos estropeou un pouco a visita foi o pequeno accidente que sufriu a profe Mari Carmen, dende aquí moitos bicos e que se recupere moi pronto.




3º e 4º cursos

7 comentarios:

Alba e Manu dijo...

somos Alba e Manuel o que mais nos
gustou foi facer a pelicula .
era a primeira vez que fixemos unha a primeira pelicula.

PEDRO Y IBTISSAM dijo...

O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI A PELICULA QUE FIXEMOS TODO O
TERCEIRO B E TERCEIRO A .

Yomara dijo...

Foi moi chuli ¿sabedes por que?
Porque fixemos moitas cousas, vimos trozos de pelis, tocamos a bateria ou o piano foi xenial e gustariame moito poder volver a sido unha das miñas mellores excursions e sempre recordarei a cara das chicas que nos axudaron e tamen dos chicos como Luis.

Patri y Xián. dijo...

Somos Patri e Xian fumos a o MARCO de VIGO o que mais nos
gustou foi facer unha pelicula.
E tamen facer as sombras.

Ana e Adrian. dijo...

O que mais nos gustou foi a sorpresa e o traumatropo.
A sorpresa era tocar a bateria ou o piano.
Eu Adrian dibuxei no traumatropo un paxaro e unha gaiola.
E eu Ana dibuxei umha árbore con cerezas.

IVAN E INES dijo...

Nos somos Iván e Inés e gustounos moito ir o museo Marco, significa M de museo, A e R de arte, C y O de contemporaneo.
Inés:a min gustoume máis taumatropo.
Iván:A min o que mais me gustou facer a pelicula e o taumatropo.

Biblioreboreda dijo...

Da gusto ver o control que tedes das novas tecnoloxías. Seguide así.
Nunca se sabe se vos veremos nos Oscar de Hollywood.