viernes, 1 de febrero de 2008

POETAS POR UN MUNDO MELLOR

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), autor homenaxeado este ano 2008 nas Letras Galegas, xa nos dicía entón as cousas que pasan neste mundo en que vivimos, e que as veces preferimos non ver.

"Ise neno da rúa"

Non é certo que os nenos teñan fame


Non pode ser.


Ben o sabedes todos


os que andades no mundo atafegados


á percura do pan dos vosos fillos


Ises outros que vedes pola rúa


pedindo esmola,


non teñen fame, non, porque daquela


vos teríades morto de vergonza.


E ben vos vexo andar nos vosos coches


ou nos tranvías, a berrar de cousas


estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-


sen reparar naquil esfarrapado


que coa moura mauciña está petando


na porta de ferro.


Por iso penso que non é verdade


o que algún caviloso di dos nenos


que andan así petando pola vida


-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-


A xente pasa leda......¡Fora boa


que andivesen a rirse dos seus crimes¡


Xosé María Álvarez Blázquez


1 comentario:

Andrade39A dijo...

A Raioteca précenlle moi interesantes todas as actividades que elaboráchedes para a celebración do DIA DA PAZ. Parabéns.
Saúdos e un bico especial para Margarida de parte de Raioteca.