Na aula de 4º de Ed. Infantil comezamos a desfrutar da nósa chegada ao cole mesturando arte con literatura. Encántanos.
martes, 30 de septiembre de 2025
lunes, 29 de septiembre de 2025
INICIO DO PDI: PROXECTO LIBERAE LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES
Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.
Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.Que pasada poder comezar un proxecto de centro así.
O noso cole mola, mola moitísimo!!!
Estamos desexando ver que outras cousas nos traerá a marea.
#quintoreboreda, #proxectolibera, #voznatura, #pdioquenostraeamarea,#onosocolemola, #aprenderfacendo
viernes, 19 de septiembre de 2025
ESCAPE ROOM: O TESOURO DE RANDE
Está semana foi moi intensa.
Clase nova, profes novas, novos compañeiros e compañeiras e unha marea que vai traer moitas cousas.A nós tróuxonos un tesouro. Iso si, non foi fácil atopalo.
#quintoreboreda, #primeiro osdias, #pdioquenostraeamarea, #aprenderfacendo
viernes, 12 de septiembre de 2025
INICIO DE CURSO
Novo curso, novo comezo. Como nos gusta este día. Nervos, reencontros, sorpresas, emoción e unha chea de cousas novas.
Este curso imos deixar que a marea nos envolva co seu vaivén e nos ensine todo o que agocha dentro.Os quintos comezamos nunha praia moi especial.
As primeiras ondas serviron para coñecernos un pouquiño. #quintoreboreda, pdioquenostraeamarea, #primeiirosdias
martes, 9 de septiembre de 2025
ARRANCAMOS CURSO E CON EL NOVO PROXECTO
Este ano arrancamos moi emocionados porque temos un proxecto que nos encantada.
Estades preparados para todo o que nos agarda? Pois poñede os chalecos salvavidas que zarpamos.
lunes, 26 de mayo de 2025
+RÍAS
Os alumnos e alumnas de sexto desfrutamos, da man da Deputación de Pontevedra e do proxecto +Rías, dunha sesión para coñecer o noso mar, que se completou cunha sesión de marisqueo no Porto de Cesantes guiados por Gloria e Sebe. Foi xenial!!! Que gusto aprender directamente na contorna e cantos tesouros temos na Ensenada.
#sextoreboreda, #+rías, #amarturmar, #redenatura2000, #aprenderfacendolunes, 19 de mayo de 2025
TORNEO DE XADREZ
Un ano máis, o alumnado de quinto e sexto participamos no torneo de xadrez intercentros organizado polo IES Floriani, que tivo lugar na Alameda de Redondela.
Conseguimos escapar do mal tempo e pasamos unha mañá diferente e moi entretida. #torneoxadrezintercentrosredondelaviernes, 16 de mayo de 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano, o día das #letrasgalegas está adicado ás CANTAREIRAS. Como non podía ser doutro xeito, no cole de Reboreda celebrámolo cantando, da man da profe Isa. Compartimos unha pequena mostra:
🎶As nenas e nenos de sexto interpretaron a Xota de Ultreia.🎶Quinto e cuarto curso Agharrado de Liñares de Avión.
🎶Terceiro e segundo curso Agharrado de Vilar de Cabeiras.
🎶Primeiro e infantil cantamos Castañas Asadas.
Por último, todo o alumnado e profesorado cantamos a Danza de Agrazón de Eva Castiñeiras.
Unha vez máis queremos agradecer á Profe Isa polo seu traballo, esforzo e sabedoría! Grazas❤️🎶🙏🏽
Moi feliz Día das Letras Galegas a todas e todos! ❤️
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Seguimos desfrutando das actividades programadas para a conmemoración das #letrasgalegas . Nesta ocasión retomamos os xogos tradicionais, marabilla de préstamo da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.
De luns a xoves, cada aula, foi pasando polos diferentes espazos do centro nos que se atopaban os xogos. O venres, no horario dos obradoiros, organizamos unha xornada para xogar todos xuntos. Pasámolo en grande!
miércoles, 14 de mayo de 2025
GALICIENCIA
Un ano máis, o alumnado de sexto participou activamente en Galiciencia. Este ano a temática é o noso cerebro e aproveitamos para investigar como funciona o noso cerebro, que poden facer por nós os pasamentos, os xogos de lóxica, a alimentación ou o ioga.
Os alumnos de quinto aproveitaron para visitar a feira e participar nos talleres.
Foi unha xornada estupenda!!!
lunes, 12 de mayo de 2025
PREPARANDO GALICIENCIA
Antes de ir a Galiciencia tivemos moito, moito traballo. Tardes no cole, investigación na casa e ata cadea de traballo na aula. Desesperación, algún que outro enfado pero con vontade sacámolo adiante.
#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendoINAGURACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
E así, ao son da boa música tradicional, como non podía ser doutra maneira, inaguramos a Semana das Letras. Grazas á asociación O Carballo das Cen Pólas @carballocenpolas78!










