domingo, 22 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

 Non queremos rematar o ano sen deixar as nosas recomendacións lectoras. Libros para todas as idades que podedes incluir na carta dos Reis Magos ou simplemente anotar na lista de vindeiras lecturas e comezar así o ano disfrutando de boas historias. Tamén unha pequena selección de xogos para divertirse en familia.

Dende a biblioteca do colexio de Reboreda desexámosvos o mellor para este ano que está a piques de comezar. E que veña acompañado de estupendas lecturas. 📚

Infantil:

Antes de durmir @cumioeditora
Colección Escola de monstros ( agora tamén en galego) @herculesediciones
La mano mágica @editorialkokinos
Un artista es.... @edjuventud

Primer ciclo:

A rebelión da lectura @cumioeditora
La gatita de Monet @editorialastronave
Cruce de caminos en el Valle dorado @editorialastronave
Enigmas de arte @zahoribooks

Segundo ciclo:

Ula e Vinca @antelaeditorial
Un ladrón no museo @cumioeditora
O teu cerebro é xenial @cumioeditora
Colección Miudiños @cumioeditora

Tercer ciclo:

Nadalario @cumioeditora
Las Swift. Una galería de sinvergüenzas. @anayainfantil
La chica que hablaba oso @erratanaturaeeditores
O enigma de siempreviva @edicionsxeraisdegalicia

Adultos:

Carcoma
Mary Shelley @nordica_libros
Malaherba ( novela gráfica) @salamandragraph

Xogos:

A dibujar! @editorialkokinos
La fiesta de las letras @gamesatomo
Porquelandia @triquetaverde
Pollo vs perrito @mercuriodistribuciones

#biblioblogreboreda #recomendaciónslectoras




sábado, 21 de diciembre de 2024

MÁIS LIBROS SOBRE ARTE

 Hoxe traemos unha segunda selección de libros para o proxecto sobre arte. Esta vez formada por libros sobre artistas relevantes da historia. Unha bibliografía estupenda que estamos utilizando moito ...e o que queda por descubrir!!! 🎨🖌️♥️




jueves, 19 de diciembre de 2024

ADEMAIS DOS LIBROS, TAMÉN NOS ENCANTAN OS XOGOS

 Despois de todo un trimestre de traballo intenso, toca relaxarse e compartir.

#sextoreboreda, #xogos, #aprenderxogando, #nadal



lunes, 16 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Durante este trimestre a nosa biblioteca encheuse de libros relacionados co noso proxecto de centro: Un ano no museo .

Hoxe vos mostramos unha primeira selección de libros sobre creatividade.
#biblioblogreboreda #unanonomuseo #creatividade



jueves, 12 de diciembre de 2024

VIDEO RESEÑAS DA SEÑORITA BUBBLE

 En sexto estivemos lendo e traballando coa Señorita Bubble de @lediciacostas durante este trimestre. Encantounos o libro e aquí vos deixamos algunha das nosas video reseñas.

#sextoreboreda, #steam, #aprenderfacendo, #aprenderprogramando, #señoritabubble,



jueves, 5 de diciembre de 2024

CHEGA O NADAL

Chega o Nadal e con el a nosa árbore. Este ano decidimos aproveitar o noso laranxo e decoralo con adornos feitos polo alumnado de quinto e sexto con material reciclado. Aquí tedes o resultado! Bo Nadal!🎄 🎅


#ceipReboreda #nadal #manualidades #manualidadesnavidad #reutilizar #reciclar #adornosreciclados



martes, 3 de diciembre de 2024

MÁQUINAS PARA DESENVOLVER AS CAPACIDADES ARTÍSTICAS

 Esta semana, en robótica, seguimos facendo máquinas coas que desenvolver as nosas capacidades artísticas. Hoxe construimos un compás e ata conseguimos que funcionase, iso si, de unos máis de un quebradeiro de cabeza. #sextoreboreda, #steam, #robotica, #poloscreativos, #aprenderfacendo




martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO

 Hoxe, con motivo da conmemoración do Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e en relación co noso proxecto de centro deste curso " Un ano no museo" ,comezamos a traballar a figura de Margaret Keane.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo a través do visionado da película " Big eyes" de Tim Burton e s pequen@s con fragmentos da mesma e vídeos sobre a súa historia.
Walter Keane, marido da pintora, adxudicouse a autoría dos cuadros de Margaret durante máis dunha década. Ao principio sen que ela se decatase e posteriormente convencéndoa de que un cadro firmado por unha muller perdía valor. Chegou incluso a ameazala de morte se contaba a verdade.
Durante toda a semana seguiremos profundizando na súa figura rematando cun proxecto final que pronto veredes por aquí.



lunes, 25 de noviembre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 No cole celebramos o Día das Bibliotecas dun xeito moi rtístico.

O alumnado de sexto preparou o conto O punto de Peter Reynolds.
Por parellas,os alumnos de sexto foron dende infantil a segundo de primaria contando o conto e logo, todos debuxaron puntos para o noso Museo.



viernes, 22 de noviembre de 2024

CADRO COLABORATIVO

 Aproveitando o PDI do centro, estamos facendo obras de arte cooperativos.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

APRENDEMOS A SINTETIZAR

 En sexto estamos aprendendo a sintetizar e organizar a información. Non è fácil pero... Pouco a pouco, todo sae.




viernes, 15 de noviembre de 2024

CHARLAS PARA QUINTO

 Na clase de quinto recibimos a visita de Alexandra, da asociación Alborada, para falarnos de como facer un bo uso de internet.