viernes, 24 de mayo de 2024

Certamen da Reboraina

 Este curso, o certamen de relatos da Reboraina cumpre a súa vixésimo quinta edición e por iso decidimos festexalo dunha maneira especial. 

Premede no enlace baixo a foto para ver máis. 




martes, 21 de mayo de 2024

Luísa Villalta

Luísa Villalta foi a homenaxeada do Día das Letras galegas de este ano. 
No cole fixemos varias  actividades  para coñecela un pouco mellor. 
Premede nos enlaces para descubrilo. 


                          Mural Luísa Villalta


                        Polo correo do vento




martes, 14 de mayo de 2024

Apadriñamento lector

 O pasado 12 de maio foi un día moi especial. Un día no que a lectura compartida foi a protagonista.

Premede no enlace para descubrir o que pasou...

                       Apadriñamento lector

jueves, 14 de marzo de 2024

Ernestina Otero

 Ernestina Otero foi unha muller moi relevante da nosa vila. No noso cole queremos que a nosa rapazada coñeza e valore a súa historia. Por iso ,o 4 de marzo, e dentro das actividades do Día da Muller, recibimos a visita de Polo correo do vento. Eles nos mostraron como foi a súa vida e cal foi a súa labor. Días despois , o alumnado de segundo, fixo unha exposición para o resto d@s seus compañeir@s, mostrándolles todo o aprendido. Premede no enlace baixo a foto para descubrir máis. 




lunes, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS DE CUARTO AOS NENOS DE INFANTIL

 Os alumn@s de cuarto contaron un conto as estrelas.

Unha forma estupenda de comezar a mañá.



viernes, 8 de marzo de 2024

Recomendacións lectoras 8M


                  Recomendacións lectoras 8M

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 4

 Presentamos o último vídeo compilador do 8 M.

Ademais de ir polas aulas, os alumn@s de quinto deseñaron un mural onde recoller as ideas transmitidas. Un mural colaborativo onde cada aula deixou a súa pegada:
Infantil e primeiro as escamas da Coca marcando o camiño que tiñan que recorrer as mulleres represaliadas na Guerra Civil.
Segundo coloreou as letras do título.
Terceiro debuxou as lavandeiras de San Simón e cuarto e sexto fixeron as biografías das mulleres redondelás que resaltaron na súa època.
Un final fantástico para un traballo excelente do alumnado de quinto.
Noraboa rapaces!!!



jueves, 7 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 3

 Esta semana foi moi intensa. Traballamos moitísimo e moi duro pero pagou a pena.

Os alumn@s de quinto preparamos información sobre as mulleres de Redondela, organizámonos en parellas para ir ao resto das aulas, deseñamos unha actividade para cada nivel, preparamos un mural para engadir o feito Nas aulas... E isto non è nada.
Seguide atentos!!!



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 2

Despois do paseo de onte para coñecer as mulleres de Redondela, agora temos unha misión importantísima. Debemos compartir todo o aprendido co resto do cole. Menuda responsabilidade!!! Así que toca poner mans á obra.




lunes, 4 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA

Os alumno@s de quinto tivemos a sorte de facer un paseo acompañados por Sole para coñecer a mulleres relevantes da nosa Vila.

Foi unha saída fantástica que completamos coa visita ao concello.
A actividade forma parte do programa Enredadas pola Igualdade organizado polo Concello.
Encantounos e serviunos para comezar a semana fo 8M.



miércoles, 28 de febrero de 2024

OS ALUMNOS/AS DE QUINTO SE ACHEGAN Á IDADE MEDIA

Despois de varias semanas traballando sobre a Idade Media hoxe en quinto recibimos unha misiva cunha misión moi importante. Comezamos a aventura. A ver onde nos leva!



viernes, 23 de febrero de 2024

 Hoxe celébrase o Día de Rosalía, onde se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal. Para celebrar este día tan sinalado tivemos a sorte de que nos acompañara o grupo de música tradicional Amalghama.

Unha das pezas elixidas foi "Castellanos de Castilla", cantada xunto a todo o alumnado e profesorado do centro.
Moitas grazas Amalghama por colaborar con nós!