viernes, 23 de febrero de 2024

 Hoxe celébrase o Día de Rosalía, onde se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal. Para celebrar este día tan sinalado tivemos a sorte de que nos acompañara o grupo de música tradicional Amalghama.

Unha das pezas elixidas foi "Castellanos de Castilla", cantada xunto a todo o alumnado e profesorado do centro.
Moitas grazas Amalghama por colaborar con nós!



No hay comentarios: