Ernestina Otero foi unha muller moi relevante da nosa vila. No noso cole queremos que a nosa rapazada coñeza e valore a súa historia. Por iso ,o 4 de marzo, e dentro das actividades do Día da Muller, recibimos a visita de Polo correo do vento. Eles nos mostraron como foi a súa vida e cal foi a súa labor. Días despois , o alumnado de segundo, fixo unha exposición para o resto d@s seus compañeir@s, mostrándolles todo o aprendido. Premede no enlace baixo a foto para descubrir máis.
jueves, 14 de marzo de 2024
lunes, 11 de marzo de 2024
viernes, 8 de marzo de 2024
SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 4
Presentamos o último vídeo compilador do 8 M.
Ademais de ir polas aulas, os alumn@s de quinto deseñaron un mural onde recoller as ideas transmitidas. Un mural colaborativo onde cada aula deixou a súa pegada:Infantil e primeiro as escamas da Coca marcando o camiño que tiñan que recorrer as mulleres represaliadas na Guerra Civil.
Segundo coloreou as letras do título.
Terceiro debuxou as lavandeiras de San Simón e cuarto e sexto fixeron as biografías das mulleres redondelás que resaltaron na súa època.
Un final fantástico para un traballo excelente do alumnado de quinto.
Noraboa rapaces!!!
jueves, 7 de marzo de 2024
SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 3
Esta semana foi moi intensa. Traballamos moitísimo e moi duro pero pagou a pena.
Os alumn@s de quinto preparamos información sobre as mulleres de Redondela, organizámonos en parellas para ir ao resto das aulas, deseñamos unha actividade para cada nivel, preparamos un mural para engadir o feito Nas aulas... E isto non è nada.Seguide atentos!!!
miércoles, 6 de marzo de 2024
SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 2
Despois do paseo de onte para coñecer as mulleres de Redondela, agora temos unha misión importantísima. Debemos compartir todo o aprendido co resto do cole. Menuda responsabilidade!!! Así que toca poner mans á obra.
lunes, 4 de marzo de 2024
SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA
Os alumno@s de quinto tivemos a sorte de facer un paseo acompañados por Sole para coñecer a mulleres relevantes da nosa Vila.
Foi unha saída fantástica que completamos coa visita ao concello.A actividade forma parte do programa Enredadas pola Igualdade organizado polo Concello.
Encantounos e serviunos para comezar a semana fo 8M.
miércoles, 28 de febrero de 2024
OS ALUMNOS/AS DE QUINTO SE ACHEGAN Á IDADE MEDIA
Despois de varias semanas traballando sobre a Idade Media hoxe en quinto recibimos unha misiva cunha misión moi importante. Comezamos a aventura. A ver onde nos leva!
viernes, 23 de febrero de 2024
Hoxe celébrase o Día de Rosalía, onde se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal. Para celebrar este día tan sinalado tivemos a sorte de que nos acompañara o grupo de música tradicional Amalghama.
Unha das pezas elixidas foi "Castellanos de Castilla", cantada xunto a todo o alumnado e profesorado do centro.Moitas grazas Amalghama por colaborar con nós!
miércoles, 21 de febrero de 2024
INSPIRING GIRLS
Hoxe recibimos a visita de Laura, auditora xefe do grupo Aenor. Os grupos de sexto participamos nun programa chamado Inspiring Girls, co cal se pretende dar visibilidade a mulleres que se moven no mundo STEAM e así inspirar a máis nenas.
Moitas grazas Laura polo teu tempo!viernes, 16 de febrero de 2024
ENTROIDO 2
Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.
E, despois de pasear, foron bailar na aula.Viva o entroido!!! #quintoreboreda, #entroido24
viernes, 9 de febrero de 2024
ENTROIDO REBOREDA
Comezamos a preparar o noso disfrace a partir dun conto: Moncho e a mancha. E é que o noso disfrace deste #entroido estaba moi manchado! Traballamos moito pero hoxe estabamos tan guapos e guapas de pintores que pagou a pena todo o noso traballo!









