jueves, 7 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 3

 Esta semana foi moi intensa. Traballamos moitísimo e moi duro pero pagou a pena.

Os alumn@s de quinto preparamos información sobre as mulleres de Redondela, organizámonos en parellas para ir ao resto das aulas, deseñamos unha actividade para cada nivel, preparamos un mural para engadir o feito Nas aulas... E isto non è nada.
Seguide atentos!!!



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 2

Despois do paseo de onte para coñecer as mulleres de Redondela, agora temos unha misión importantísima. Debemos compartir todo o aprendido co resto do cole. Menuda responsabilidade!!! Así que toca poner mans á obra.




lunes, 4 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA

Os alumno@s de quinto tivemos a sorte de facer un paseo acompañados por Sole para coñecer a mulleres relevantes da nosa Vila.

Foi unha saída fantástica que completamos coa visita ao concello.
A actividade forma parte do programa Enredadas pola Igualdade organizado polo Concello.
Encantounos e serviunos para comezar a semana fo 8M.



miércoles, 28 de febrero de 2024

OS ALUMNOS/AS DE QUINTO SE ACHEGAN Á IDADE MEDIA

Despois de varias semanas traballando sobre a Idade Media hoxe en quinto recibimos unha misiva cunha misión moi importante. Comezamos a aventura. A ver onde nos leva!



viernes, 23 de febrero de 2024

 Hoxe celébrase o Día de Rosalía, onde se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal. Para celebrar este día tan sinalado tivemos a sorte de que nos acompañara o grupo de música tradicional Amalghama.

Unha das pezas elixidas foi "Castellanos de Castilla", cantada xunto a todo o alumnado e profesorado do centro.
Moitas grazas Amalghama por colaborar con nós!



miércoles, 21 de febrero de 2024

INSPIRING GIRLS

 Hoxe recibimos a visita de Laura, auditora xefe do grupo Aenor. Os grupos de sexto participamos nun programa chamado Inspiring Girls, co cal se pretende dar visibilidade a mulleres que se moven no mundo STEAM e así inspirar a máis nenas.

Moitas grazas Laura polo teu tempo!



viernes, 16 de febrero de 2024

ENTROIDO 2

 Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.

E, despois de pasear, foron bailar na aula.
Viva o entroido!!! #quintoreboreda#entroido24



viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO REBOREDA

 Comezamos a preparar o noso disfrace a partir dun conto: Moncho e a mancha. E é que o noso disfrace deste #entroido estaba moi manchado! Traballamos moito pero hoxe estabamos tan guapos e guapas de pintores que pagou a pena todo o noso traballo!




miércoles, 7 de febrero de 2024

PATIOS DINÁMICOS

 O noso cole está cambiando. Despois das ideas aportadas polos rapaces no primeiro trimestre agora toca poñelas en marcha.

Neste segundo trimestre, os patios están cheos de opcións: baile, arte, xadrez, xogos de mesa, xogos no patio, rocódromo...
Un patio cheo de posibilidades e isto so è o principio.
Seguide atentos!!! #pdi..Reboreda, #patiosdinamicos



lunes, 5 de febrero de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Un ano máis abrimos o noso centro para amosarvos o noso cole.

Non faltedes!!!



viernes, 2 de febrero de 2024

O ARCO NARRATIVO

 En quinto seguimos escribindo historias de medo.

Estes días estamos traballando o arco narrativo.



miércoles, 31 de enero de 2024

XOGOS COOPERATIVOS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

 Como xa case é tradición no cole este día, organizamos xogos cooperativos no patio ☀️ repartímonos en grupos de idades mixtas e compartimos un moi bo rato rotando por dez xogos nos que nos temos que axudar para acadar un obxectivo común. Pasámolo moi moi ben!