lunes, 14 de marzo de 2022

CONCURSO DA REBORAINA

 Xa está aquí unha nova edición do concurso narrativo da Reboraina, e con esta xa son XXIII!

Noraboa a Alba e Andrea que foron as gañadoras do debuxo e lema respectivamente para poder elaborar o cartel promocional.



martes, 8 de marzo de 2022

AS DINOCIENTÍFICAS

 Dentro do PDI do centro adicado ao mundo xurásico, non podiamos deixar de celebrar o 8 de marzo, achegándonos ás mulleres melloran os coñecementos que temos sobre os dinosauros.

Cada aula pegou nun mural a súa aportación.

Tedes un resumo no seguinte vídeo.



A AULA TAMÉN CONTA: 8 DE MARZO

 Todos gardamos nos petos os tesouros máis valiosos que atopamos.

As baleas celebraron o 8 de marzo contando este conto tan especial e gardando nos petos ás mulleres da nosa vida como tesouros.




viernes, 4 de marzo de 2022

VISITA DE AUTORES: ENRIQUE MAURICIO E CARLOS TABOADA

 O alumnado de primeiro e segundo recibiu a visita de Enrique Mauricio e Carlos Taboada e o seu marabilloso proxecto "Polo correo do vento". A través do cuarto libro da súa colección Mulleres Galega titulado "Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernertina Otero" aprendemos moitísimo dunha muller tan relevante na nosa vila.

Coñecemos algúns dos aspectos máis importantes da súa traxectoria vital e profesional e como a súa loita e prácticas innovadoras "conseguiron sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade".

Ademais, guiados por Carlos, debuxamos a nosa propia caricatura de Ernestina Otero.

Para rematar agasalláronnos cun exemplar do libro para cada un de nos.

Moitísimas grazas a Correo do  Vento e ao Equipo de  Dinamización Lingüística.



miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA: PECHADOS NA BIBLIOTECA!!!

 Este ano o equipo de Dinamización da Lingua e o equipo da Biblio unimos as nosas ideas para preparar un día de Rosalía moi especial. Preparamos dúas Scape Room na biblio para coñecer máis e mellor a Rosalía e usamos os libros do fondo sobre Rosalía para poder contestar as preguntas e escapar.

Foi moi divertido, pasámolo xenial e aprendemos un montón.

Aquí tedes o Scape Room de infantil e primeiro ciclo:


E este é o de primaria:


E unhas fotiños para ilustrar:







lunes, 14 de febrero de 2022

VEN A NAMORARTE A BIBLIO

 A nosa biblio está chea de contos de amor. Pásate e namórate!!!



miércoles, 9 de febrero de 2022

TALLERES DE CREATIVIDADE E ESCRITA CON SABELA GAGO

 O equipo de Educación Responsable propuso ao centro levar a cabo uns talleres para o alumnado onde poder aplicar algunhas das técnicas e aprendizaxes adquiridas na súa propia formación.

E así, estes días desfrutamos moito traballando con algo tan sinxelo cun garabato.



lunes, 17 de enero de 2022

NA AULA TAMÉN SE CONTA: "Non é unha caixa"

 As baleas volven amosarnos que todos somos diferentes e que co cotiá poden facerse grandes cousas.

E vos, que pensades?



viernes, 14 de enero de 2022

NA AULA TAMÉN SE CONTA: Si llega el invierno, decidle que no estoy aquí"

 As aulas seguen traballando os contos con moitas ganas e agarimo. Desta volta as baleas nos traen un conto chulísimo de Simona Ciraolo que lles fixo ver todas as virtudes do inverno.



miércoles, 22 de diciembre de 2021

PROXECTO DOS DINOS: 1º TRIMESTRE

Rematamos un trimestre cheo de investigacións centradas no mundo xurásico, o noso tema deste curso. Cada aula maquetou o seu traballo nunha cartolina coa que faremos un libro que formará parte do fondo bibliográfico da biblioteca.



martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA BIBLIO PARA ESTE NADAL

 Un ano máis, e antes de marchar de vacacións, dende a biblio queremos suxerirnos algunhas lectoras para este días de lecer.

BOAS FESTAS PARA TODOS!!


jueves, 16 de diciembre de 2021

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS DE NADAL

 Un ano máis aproveitando estás datas e dándolle unha nova vida aos libros de expurgo da biblio, participamos na recollida solidaria de alimentos de Nadal. #biblioblogreboreda, #voznatura, #nadal