Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.
E, despois de pasear, foron bailar na aula.Viva o entroido!!! #quintoreboreda, #entroido24
Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.
E, despois de pasear, foron bailar na aula.Comezamos a preparar o noso disfrace a partir dun conto: Moncho e a mancha. E é que o noso disfrace deste #entroido estaba moi manchado! Traballamos moito pero hoxe estabamos tan guapos e guapas de pintores que pagou a pena todo o noso traballo!
O noso cole está cambiando. Despois das ideas aportadas polos rapaces no primeiro trimestre agora toca poñelas en marcha.
Neste segundo trimestre, os patios están cheos de opcións: baile, arte, xadrez, xogos de mesa, xogos no patio, rocódromo...Como xa case é tradición no cole este día, organizamos xogos cooperativos no patio ☀️ repartímonos en grupos de idades mixtas e compartimos un moi bo rato rotando por dez xogos nos que nos temos que axudar para acadar un obxectivo común. Pasámolo moi moi ben!
Axudar a gardar a merenda, axudar a construír unha pista, facer un debuxo xuntas, axudar a colgar o mandilón, dar unha aperta… estes son algúns dos moitos favores da nosa cadea! En orde, pedimos un favor a un/unha compañeir@ e fixemos outro ao seguinte. Despois escribímolo ou debuxámolo nun ladrillo para, finalmente, pegalo no muro.
En quinto todas as semanas temos un taller de escrita creativa onde traballamos diferentes tècnicas.
Este trimestre estámolo adicando aos contos de pantasmas.Hoxe os quintos e sextos tivemos as charlas do Plan Director da man de Pelayo.
En quinto falamos longo, tendido e sen pelos na lingua sobre o acoso e o ciberacoso e, nos sextos, sobre ciberseguridade.En quinto, no terceiro laboratorio imos crear un proxector así que hoxe rescatamos o retroproxector do centro e observamos as súas partes, analizamos o seu funcionamento e, por suposto, fixemos probas.
Agora si, xa estamos preparados para facer o noso.Así arrincaron os sextos este segundo trimestre, unindo o universo do cómic coa diversidade corporal. Hoxe tivemos a primeira sesión, mañá e o mércores seguiremos avanzando neste tema, xa vos iremos contando!