Axudar a gardar a merenda, axudar a construír unha pista, facer un debuxo xuntas, axudar a colgar o mandilón, dar unha aperta… estes son algúns dos moitos favores da nosa cadea! En orde, pedimos un favor a un/unha compañeir@ e fixemos outro ao seguinte. Despois escribímolo ou debuxámolo nun ladrillo para, finalmente, pegalo no muro.
Tamén lemos un conto dun muro relacionado coa superación dos medos, a curiosidade e as fronteiras: Ratoncita y el muro rojo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario