viernes, 25 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebramos o Día das bibliotecas abrindo as nosas dúas bibliotecas, a que xa tiñamos e o novo espazo para educación infantil e primeiro ciclo. 
Aproveitando a celebración deste día, o alumnado de primeiro, que comeza este curso a usar a biblioteca de xeito autónomo fixo unha visita guiada as dúas bibliotecas e ademais fixóselles a entrega dos carnets de usuario. 
Tamén tiveron visitas guiadas os alumn@s de segundo para coñecer o novo espazo. E, por suposto, no recreo deu comezo o servizo de préstamo!

lunes, 21 de octubre de 2019

TERCEIRA SEMANA DE TALLERES INTERNIVEIS

Unha semana máis seguimos rotando de aula en aula para aprender facendo.


miércoles, 16 de octubre de 2019

SEGUNDA SEMANA DE TALLERES

Unha semana máis os nosos talleres están en marcha.

Mirade, mirade!!!

lunes, 7 de octubre de 2019

ARRANCAMOS!! TALLERES INTERNIVELARES

Un ano máis xa estamos a pleno rendemento.
A biblioteca non abre ata  o 24 de outubro pero no cole este curso está cheo de novidades.

TALLERES INTERNIVEIS

Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12.
Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO,  FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS...

Cando soa a música o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres.
Así mesmo o alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas.

É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo.

Aquí tedes un resumo da primeira sesión:


jueves, 4 de julio de 2019

RESUMO FINAL DE TODAS AS ACTIVIDADES DO CURSO

Rematamos o curso deixándovos o wix onde estes resumidas as actividades desenvoltas ao longo do curso: 
  • Actividades do primeiro e segundo trimestre ao redor do PDI 
  • Clube de ciencia 
  • Facendo visibles as invisibles 
  • Semana da ciencia ... 

BO VERÁN PARA TODOS!!! VÉMONOS EN SETEMBRO! 

https://omanantialsantopai.wixsite.com/fqreboreda

 

 

sábado, 29 de junio de 2019

PONENCIAS E MÁIS PONENCIAS

Deixámosvos as ponencias dos alumnos de quinto de primaria

viernes, 28 de junio de 2019

MÁIS PRESENTACIÓNS DO CONGRESO

O alumnos de primeiro A fálannos da química que nos rodea. Os alumnos de primeiro B fixeron un experimento moi interesante co corcho.

CONGRESO E FEIRA MOITO MÁIS

Deixámovos máis información do voso espectacular traballo no Congreso e Feira deste ano

martes, 25 de junio de 2019

CONGRESO E FEIRA 2019: PRESENTACIÓN DE 3º B

Así foi a presentación do alumnado de terceiro B sobre o ADN

CONGRESO E FEIRA 2019

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do noso congreso.

martes, 18 de junio de 2019

CONGRESO E FEIRA 2019

Así foron os preparativos do congreso e da feira deste curso

martes, 11 de junio de 2019

HOMENAXE A XABIER DOCAMPO

O ano pasado deixábamos un dos grandes escritores de literatura infantil e xuvenil galegos, Xabier Docampo. Dende o CEIP REBOREDA sumámonos as actividades para homenaxear a traxectoria deste autor facendo unha lectura colectiva no patio do centro o pasado 10 de xuño.