martes, 20 de mayo de 2014

PERSOEIROS REDONDELÁNS

Escritores, pintores, escultores, mestres....todos eles cunha peculiaridade común: todos e todas naceron en Redondela!!! Non vos perdades este traballo do alumnado de 3º de Educación Primaria.
Aprenderedes moito sobre persoeiros ilustres da nosa contorna. PREME NA IMAXE


http://www.youblisher.com/p/885833-Persoeiros-redondelans/


lunes, 19 de mayo de 2014

REDONDELA, UNHA VILA DE VIADUCTOS...

Este curso coñecimos a riqueza da nosa contorna: músicos, parroquías, muíños, festas, tradicións....
Quixemos representar con palabras a beleza da nosa vila, no dúbidedes en comentar que é para vós Redondela!


domingo, 4 de mayo de 2014

VISITOUNOS ALICIA BORRÁS

O pasado mércores tivemos a sorte de charlar con Alicia Borrás, a escritora de Nata y chocolate. Lembrade que a segunda parte xa está aquí Nata y chocolate invencibles. 
Non deixedes de visitar a biblio, se cadra xa temos un exemplar...


jueves, 1 de mayo de 2014

PREMIOS DO CONCURSO DA REBORAINA 2014

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS GAÑADOR@S DESTE ANO! NORABOA A TOD@S!

CATEGORÍA A
1º PREMIO “O TESOURO DA PONTE DE RANDE” MANUEL LORENZO PUGA 6ºA
1º ACCÉSIT “UNHA NOITE MÁXICA” DAFNE AMOEDO VARA 4ºA
2º ACCÉSIT “A ÁRBORE DE LIBROS” IGNACIO CASTRO COUÑAGO 4ºA
3º ACCÉSIT “O MAGO APRENDIZ” LUCÍA RODRÍGUEZ VILAS 5ºB
4º ACCÉSIT “O PLANETA PERDIDO” DIEGO MUÍÑOS MÍGUEZ 5ºB

CATEGORÍA B
1º PREMIO: DESERTO
2º PREMIO: “O CAMBIO DE LEIRE" CLAUDIA KAULBARCK AMOEDO 1ºESOA IES MENDIÑO
3º PREMIO: “OS FANTASMAS DA CONSCIENCIA”  MIGUEL RANCAÑO MIGUEZ 2ºESO IES MENDIÑO

miércoles, 30 de abril de 2014

MARGARIDA VISITA II

Margarida volveu da súa viaxe, está vez foi da man dos nenos e nenas do segundo ciclo. Estivo en Chapela, Trasmañó, Vilar de Infesta e Cabeiro. Non volo perdades!

sábado, 26 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA 23-4-14

Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequena homenaxe aos grandes escritores españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial. Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora moi particular.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow

lunes, 14 de abril de 2014

COCIÑANDO CONTOS NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Os peques de Reboreda asistiron entusiasmados ao salón do libro de Pontevedra. Visitaron as instalación e xogaron coas palabras, inventaron historias de cociña e ata deixaron viaxar a imaxinación por diferentes cociñas, a través dos traballos realizados por moitos coles de Pontevedra. Pasámolo xenial e como remate asistimos ao contacontos de “A pota que trota”.
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!

E así foi a sesión de contacontos...

lunes, 31 de marzo de 2014

APRENDE A BUSCAR NA REDE

Preme na imaxe e atoparás interesantes consellos  para buscar información en internet. 


Grazas ás compañeiras do ceip Milladoiro - Malpica e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra

jueves, 27 de marzo de 2014

UNS VERSOS DE ROSALÍA

Aquí está o resultado final do noso traballa sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Esperamos que co traballo de cada grupo, todos aprendamos un pouco máis a cerca da vida da nosa poeta
unsversosrosalianos from biblioblogreboreda on Vimeo.

martes, 18 de marzo de 2014

Excursión a Meirande e a IIIa de San Simón

O pasado xoves coñecimos de cerca a batalla de Rande: galeóns, artillería, mapas...para finalizar a experiencia visitamos a Illa de San Simón, onde aprendimos moito sobre a súa historia


martes, 11 de marzo de 2014

PARECE UNHA ROSA

Ao longo destes días estivemos traballando a figura de Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Realizamos un mural colectivo no que representamos a súa vida e  a súa obra. O primeiro ciclo traballou algúns dos seus poemas. Ollade a estes nenos e nenas o ben que recitan!



lunes, 10 de marzo de 2014

PARECE UNHA ROSA

Ao longo destes días estivemos traballando a figura de Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Realizamos un mural colectivo no que representamos a súa vida e  a súa obra. O primeiro ciclo traballou algúns dos seus poemas. Ollade a estes nenos e nenas o ben que recitan!