martes, 28 de octubre de 2025

SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Polo Samaín e, grazas á colaboración das familias, os nosos corredores enchéronse de cabazas decoradas ,moitas delas inspiradas na temática do mar, proxecto deste curso no noso cole.

🎞️ Así tamén, como cada ano, participaron na realización das curtametraxes que visionamos todos xuntos.
📚Nesta ocasión, tamén os contos foron protagonistas .O alumnado colleu entradas para desfrutar ,por quendas , da narración de lendas sobre o mar , seres mitolóxicos, piratas ou barcos fantasmas...
🍩Pola súa banda, a anpa agasallou ao alumnado con rosquillas.
🎭 Para rematar a mañá, fixemos un gran desfile de disfraces e pechamos a celebración bailando.
👻Un de moita festa e pouco medo!



viernes, 17 de octubre de 2025

A PRAIA DE CESANTES

 Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.

#quintoreboreda#pdioquenostraeamarea#ciencias#aprenderfacendo