miércoles, 14 de diciembre de 2016

COÑECENDO A ORIXE DE...

Lady Bug é unha serie de animación francesa-xaponesa-coreana. Esta serie foi creada por Thomas Astruc. A idea orixinal é de 2012. Neste momento emítese a primeira tempada e sabemos que a segunda e a terceira emitiranse en 2017.
A serie conta a historia de dous estudantes de secundaria Marinette e Adrien que son diferentes aos demais porque teñen superpoderes. Marinette convírtese en Lady Bug (xoaniña) e Adrien en Chat Noir (gato negro).
Os dous teñen que protexer a cidade de París do mal e para iso deben capturar aos akuma, que son criaturas oscuras do malvado Le Palillon.
Marinette non sabe que Adrien é Chat Noir e Adrien non coñece a identidade segreda de Marinette. Ambos están namorados pero Chloe, a filla do alcalde, fai de todo para conquistar a Adrien.
Tedes máis información en
https://es.wikipedia.org/wiki/Prodigiosa:_Las_aventuras_de_Ladybug
E aquí un vídeo con 50 curiosidades de Lady Bug:


ESTA SEMANA É A ÚLTIMA DO CONCURSO, TEDES MENOS TEMPO PORQUE O MARTES DAREMOS A COÑECER AOS GAÑADORES ASÍ QUE NON VOS DESPISTEDES. 

A pregunta desta semana 5 puntos:

CAL FOI A CURIOSIDADE DE LADY BUG QUE MÁIS CHE CHAMOU A ATENCIÓN?

O reto desta semana (de 0 a 10 puntos) 
 
París é a cidade onde vive Lady Bug pero, ademais, tamén é a capital mundial da gastronomía, atrevédesvos a facer un prato delicioso que teña forma de xoaniña? 

PARA SUPERAR  O RETO TEDES QUE ESCRIBIR OS INGREDIENTES QUE NECESITADES E A PREPARACIÓN. SE TEDES FOTOS E QUEREDES ENGADILAS PODEDES MANDALAS A:
biblioblogreboreda@gmail.com

LEMBRADE TEDES ATA O PRÓXIMO LUNS!!!

 

5 comentarios:

ANTIA 6 A PAULA 5 SUPERGIRLS dijo...

PREGUNTA 1 : QUE ES ZURDA Y PARECE SER DIESTRA

ANTIA 6 A PAULA 5 supergirls dijo...

RETO: NECESITAMOS = UN VASO ,FONDANT NEGRO BLANCO E VERMELLO, UN RODETE ,UN PINCEL PEQUENO ,LEITE CONDENSADA OU PEGAMENTO COMESTIBLE,E GALLETAS... COMO SE FAI ???? COLLEMOS UN ANACO DE FONDANT VERMELLO E O ESTIRAMOS CO RODETE .COLLEMOS O VASO E CORTAMOS UN POUCO MAIS CA UN MEDIO CIRCULO ,PARA FACER O CORPO DA MARIQUITIÑA .COLLEMOS UN DOS TROZOS ,E O POÑEMOS ENRIBA DA GALLETA .FACEMOLO MESMO CO NEGROE O POÑEMOS TAMÉN XUNTO A PARTE VERMELLA .UNHA VEZ FEITO ISO XA OS PODEMOS PEGAR,NÓS O PEGAMOS CON PEGAMENTO COMESTIBLE .FACEMOSLLE UNHA RAIA AO VERMELLO PARA AS ÁS E RECORTAMOS CÍRCULIÑOS NEGROS E TAMÉN OS PEGAMOS TAMÉN OS BRACOS PARA OS OLLOS ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE A NÓS POLO MENOS SÍ .........!!!!!!!!Mmmmmm...

Os guerreros del silencio dijo...

Equipo: Os guerreros del silencio
Reto
XOANIÑA NUNHA FLOR
INGREDIENTES
3 bases de hoxaldre
1 vaso de Nocilla
Un ovo
100gr de fondant blanco
Corante alimenticio vermello( líquido)
4 rebanadas de pan de molde blanco
PROCESO
Untamos un lado dunha base de hoxaldre con Nocilla, logo colocamos outra masa de hoxaldre enriba e a untamos con máis Nocilla, antes de colocar a terceira cortamos un círculo no medio ( para facelo mellor , usamos un bol). Despóis colocamos aúltima enriba e cortamos segmentos pares, según se ve na nosa foto.
Agora retorcemos os segmentos que cortamos hacia afora según a nosa foto tamén.
Recortamos en forma de círcula a rebanada de pan de molde e tapamos o círculo que recortamos antes.
Pintamos todo co ovo e metemos ao forno a 180 graos ata que esté doradiño
Mentras tanto recortamos duás rebanadas de pan en 2 círculos cada vez máis pequenos, para facer o corpo da xoaniña. Tinguimos o fondant de vermello e reservamos. Facemos unhas antenas con arame e boliñas.
Cando saquemos a flor temos que deixar que enfríe de todo. E cando esté fría colocamos os círculos de pan, primeiro o máis grande e logo o máis pequeño, e tamén un en forma de semicírculo para a cabeza, forramos co fondant ata que quede como na nosa foto. Adornamos coas pepita de chocolate formando a liña das ás e unhas cantas motas. Colocamos a cabeza e adornámola con máis pepitas. Poñemos as antenas e listo….


ATT:Marina C C (6B)

Os súper me importa un pepino dijo...

Pregunta 1:
A curiosidades que gustoume máis é que para facer un episodio de ladybug ,que son aproximadamente 25m.tarden 3 meses.

Pregunta 2:
Eleximos a receta dun macaron francés porque Marinet o primer día de clase ía levar a clase uns macarons para toda a clase e non pudo levalos porque chocouse con maestro fu...
Xoaniña de macaron 40 U.
Para as tapas :
Ingredientes:
2 claras de ovos
135g de azucre
75g de almendra molida
18g de azucre
Colorante vermello en xel
Preparación:
1-Tamizamos o azucre glas coa almendra e reservamos.
2-Batimos as claras a punto de neve e añadimos o azucre e o colorante vermello e o batimos.
3-Incorporamos a mezcla de azucre e almendra e removemos.
4-Ponemos a masa nunha manga pastelera e cortadelle a punta.
5-Nunha bandexa con papel de forno facede círculos de 2 centímetros coa manga pastelera.
6-Deixamos reposar 24 horas e metemos no forno a130g durante 8 minutos.
7-Deixamos enfriar e as retiramos.
Butcream:
Ingredientes:
225g de azucre
125g de mantequilla sen sal
2 cucharadas de leite
1 cucharada de esencia de vainilla
Colorante vermello en del
Preparación:
1-Mezclamos a leite coa vainilla.
2-Nun recipiente batimos a mantequilla e engadimoslle azucre glas e incorporamos
a mezcla anterior e mesturamos todo.
3-Añadimos o colorante vermello.
4-Unimos dúas capas coa mestura. e listo.
Decoración xoaniña(1):
Precisamos:
Chocolate negro
Chocolate blanco
1 regaliz negra
Preparación:
Cortar:
Chocolate negro:
1 círculo pequeno(pupila)
5 círculos medianos(puntos)
2 raias(boca e as)
Chocolate blanco:
1 círculo (o resto do ollo)
Regaliz:
4 trozos cortos (as patas)1cm.
2 trozos de 1'5cm.(as antenas)

E ...A PAPAR🐞🐞🍴🍴


APOLOS dijo...

A XOANIÑA NA CUNCA DE CHOCOLATE
COLLEMOS UN GLOBO DE AUGA INFLÁMOLO E MOLLÁMOLO EN CHOCOLATE QUENTE. PARA QUE SEQUE POÑÉMOLO NO CONXELADOR. DESPOIS PINCHAMOS O GLOBO E BOTAMOS NATA MONTADA. ENRIBA POÑEMOS UNHA FAMBRUESA (TAMÉN VALE UN AMORORO) E MOLLÁMOSLLE A PUNTA EN CHOCOLATE E FACÉMOSLLE MANCHAS.
LISTO!