Un ano máis os peques da escola tamén participan no famosa OLIMPIADA da escola: "Margarida quere saber..."
Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?
Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,... É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.
Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.
4 comentarios:
todos xuntos que bonito
por que fixesteis o video
son moi listos
Gustoume moito o video
Publicar un comentario