Primeiro foron os mestres.
Agora foron os alumnos de cuarto.
Queriamos aprender a escribir, a crear, ..., acadar unha maior competencia escritora.
Xa case somos uns artistas!
Aló por Novembro, e da man de Francisco Castro, moitos dos mestres e mestras do Ceip Santo Paio de Abaixo, levamos a cabo un obradoiro de escrita creativa.
Foi xenial!
Escribimos, escribimos e escribimos. Din que a práctica... Técnicas, recursos, ... motivación, ... Pero, tocaba poñer en práctica e para comezar, Francisco impartiu dúas sesións cos nenos e nenas de cuarto.
Que vos conten eles!
En breve teredes o seu vídeo!
1 comentario:
Parécenos moi ben que os alumnos e os profes aprendan como aprendemos nós.
Publicar un comentario