Comezamos a mañá seguindo o guión establecido:
Chegada, camisetas, entrega premios, fallo concurso narrativa "Da Reboraina", partida cara ao monte, .... Pero, a medio camiño, a chuvia non nos deixou continuar. Media volta e para o cole.
Claro que, os axentes meteorolóxicos non ían "aguarnos" o día!
Un grupo de mestres por un lado organizando os xogos no pavillón, outro no patio preparando a merenda coa axuda da ANPA e da Comunidade de Montes, e "voilá", día da árbore case listo.
Non foi o mesmo, claro que non! Pero, o disfrutamos de igual xeito. O próximo ano seguro que temos máis sorte co tempo!
E para rematar, e aproveitando que era o Día do Libro disfrutamos de "Charlie y la fábrica de chocolate", aínda que só a medias, non nos deu tempo a ver o final.
1 comentario:
Unha pena que non nos acompañara o día. Pola reportaxe fotográfica o alumnado disfrutou do Día da Árbore.Manolo
Publicar un comentario