domingo, 13 de diciembre de 2009

O NADAL NO MUNDO

Sabedes quen é o "Apalpador"?
"Contan as lendas que nas devesas das montañas de Lugo vive un xigante..."
Fai clic na imaxe para ler o conto de Xoán G. da Editorial Biblos.
(Paciencia ao mellor tarda un pouquiño)
Algunhas bibliotecas escolares galegas levan meses investigando este personaxe tan relacionado co Nadal nas terras Luguesas. Estade atentos a este outro conto para saber un pouco máis. (Facede clic enriba da imaxe para ler esta outra versión do conto da editorial Barafunda)

Pero, ben sabemos que en distintas partes do mundo vívense estas festas de moi distintas maneiras. Dende o Ceip Frián de Teis (Vigo), elaboraron un traballo impresionante ao redor destos personaxes tan distintos, que tanto teñen en común. Botade un ollo!. Facede clic enriba da imaxe e leredes e escoitaredes as súas lendas, xogaredes cos personaxes, ...

Moitas Grazas Frianciño!!

1 comentario:

Alumnos de 5º dijo...

Os alumnos e alumnas de 5º o venres á terceira hora vamos traballar na aula de informática o conto de nadal en galego e necesitamos bibliografía, porque en internet non atopamos case nada. Se no blog se colgara algo da noso idade sería guai.