jueves, 15 de octubre de 2009

PETROGLIFOS AO LADO DO COLE

A partires do tema da interculturalidade, no terceiro ciclo decidiuse que se iba traballar ao redor da cultura Celta, cultura tamén dos nosos ancestros. E como non antes que nada, indagar sobre posibles restos arqueolóxicos no entorno máis cercano.
Dende a Biblio subíronse libros de historia de Redondela, de Reboreda, dos seus montes, e cal é a sorpresa? ... Máis cerca do que pensabamos, moito, resulta que temos petroglifos.
Hoxe, esta mañá, fomos camiñando ata o lugar. Ata o monte de San Martiño. Polo camiño, contemplamos as fermosas paisaxes que se observan dende o alto, toda a enseada coa illa de San Simón no Centro e ao fondo a ponte de Rande.Fomos falando da flora, da fauna, coñecendo os nomes galegos dalgunhas árbores, arbustos,... e cando xa chegamos ás rochas, que pena!!, o camiño non estaba en moi boas condicións, eucaliptos crecendo por todas partes despois dos incendios, o camiño cortado e selvático, e o lugar, demasiado olvidado e agochado, como se ninguén soubera del.
Sabedes se na zona hai máis restos arqueolóxicos??


2 comentarios:

nivecaro dijo...

MOITAS VECES SORPRENDÉMONOS COAS COUSAS QUE ESTÁN LONXE E NON VALORAMOS O QUE TEMOS AO NOSO REDOR. TEÑO MOITAS GANAS DE IR VER ESOS PETROGLÍFICOS.

Anónimo dijo...

Non podemos esquecernos desta estación rupestre que está na parroquia de Ventosela. Hai que coidala e non estaria mal crear unha sociedade de amigos desta estacion rupestre para a súa conservación.
Manolo