jueves, 25 de diciembre de 2008

LITERATURA AUDIOVISUAL

Recén está estreado o portal "flocos.tv", o cineclube do audiovisual galego en internet.
E non vades crer o que alí atopamos. Baixo o nome "A lingua Animada", aparecen sete curtametraxes de animación en plastilina feitos por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003, baseadas en textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Anxel Fole, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos.
Se fas clic enriba das imaxes poderás chegar á páxina onde ver as curtas.
Despois de velos,...

Saberás en que autor está baseada cada unha das curtas?

Cal che gustou máis??

3 comentarios:

Anónimo dijo...

SI
Ingnotus:
autor: Manuel Murguía
Meigallos:
Eladio Rodríguez
A escola das areas:
Frai Martín
Good night mon ami:
Castelao
Alistaán,o demo oveiro:
Álvaro cunqueiro

O que mais me gustou foi a historia A escola das areas.Pero A xaguarana e os defuntos falaban non podo miralo.

Biblioreboreda dijo...

Ola, Simón!, que rapidez e que eficacia. Alégrome de que che gustaran, a min tamén me gustaron moito, por eso volos recomendei.
Se segues sen poder ver esos dous que che quedan, vai onde pon "A lingua animada", dende alí poderás velos.
Ata a volta!

Anónimo dijo...

xa os puiden ver e gustaronme moito