lunes, 31 de marzo de 2008

VISITA AO CASTELO DE VILASOBROSO

O ciclo de Educación Infantil do colexio Santo Paio de Abaixo de Reboreda está a desenvolver un proxecto chamado “Os castelos”. Este proxecto iniciouse no mes de outubro e vai durar ata final de curso.
Os nenos/as están aprendendo milleiros de cousas relacionadas coa vida medieval: os diferentes tipos de castelos, os habitantes do castelos, os animais máxicos... Para o que fan constantes visitas á biblioteca en busca de libros e outros materiais que falen de castelos.
Unha vez que tivemos coñecementos abondo sobre os castelos decidimos ir visitar un auténtico castelo medieval, así que vestimos os nosos traxes de damas e cabaleiros e fomos de visita ao Castelo de Vilasobroso.
Entramos pola ponte elevadiza. Decepciounos un pouco que o foso nin tivese auga nin dragón.Unha vez dentro fomos a unha sala onde nos falaron dos diferentes traxes tradicionais doutras épocas.Gustáronnos moitísmo e estivemos moi atentos á explicación.
Nembargantes o que máis nos gustou foi andar as nosas anchas polo castelo adiante. Puidemos visitar a torre da Homenaxe, vixiar dende as garitas como auténticos cabaleiros e ata agarimarnos nas namoradeiras.
Encantounos ir ao castelo e ver cos nosos ollos aquilo do que levamos meses falando.




6 comentarios:

Anónimo dijo...

o castelo de vilasobroso e moi bonito encantarianos ir con vos pero non podemos por que temos clases.
Ibades moi guapos todos, e xa vimos as avestruces que vistes.
Esperamos que o pasarades ben.
Uns saudos de Breogán e Leticia.

Anónimo dijo...

Gustarianos visitar o castelo de Vilasobroso como os nenos e nenas de infantil.

Anónimo dijo...

E moi bonito polo que vimos no blog da blibio gustariamos ir con vosco e ver todo aquelo tan bonito.

Anónimo dijo...

Que sorte tivestes, nos tamen
queriamos ir con vos.¿E moi divertido?
nos aquel dia aqui tamen o pasamos moi ben.

Anónimo dijo...

Que sorte tivestes, nos tamen
queriamos ir con vos.¿E moi divertido?
nos aquel dia aqui tamen o pasamos moi ben.

Anónimo dijo...

Gustarianos haber ido convosco o castelo porque polas fotos que estamos a ver e precioso.
Oxala un dia podamos ir os nen@s de 4º.