martes, 22 de diciembre de 2020
viernes, 18 de diciembre de 2020
PDI DO CAMBIO CLIMÁTICO: TRABALLO DAS AULAS
Un ano máis, para desenvolver o noso PDI, cada aula leva traballando arreo durante todo o trimestre. Agora, temos un resumo do traballo feito por cada aula nunha serie de vídeos que recollen as pescudas feitas polos nosos estupendos científicos escolares.
Premede no enlace e usade os botóns para navegar polos distintos cursos e poder ver os traballos realizados.
martes, 15 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Un ano máis chegan as nosas recomendacións lectoras para este nadal.
Tedes un pouco de todo e tamén as tedes colgadas no instagram do cole e na páxina web do centro.
viernes, 11 de diciembre de 2020
GALICIENCIA: EDICIÓN ONLINE
Dende o día 9 ata o 11 estase a desenvolver na Tecnopole, en Ourense, a maior feira de ciencia de Galicia. Este ano os obradoiros e sesión son online e seguiremolas en directo dende o canal de youtube da plataforma.
Fai un días chegou ao cole o material para poder desenvolver os talleres.
Foron uns días estupendos.
SESIÓN INAGURAL
TALLER: ILUMINANDO O MUNDO
viernes, 4 de diciembre de 2020
lunes, 30 de noviembre de 2020
GALICIENCIA 2020
Un ano máis o noso alumnado de sexto participa en Galiciencia.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos presentados a esta edición:
viernes, 27 de noviembre de 2020
jueves, 26 de noviembre de 2020
AS IRMÁS MIRABAL
Rematamos as actividades sobre as irmás Mirabal cos vídeos informativos elaborados polo alumnado de sexto:
25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Despois de levar todo o mes traballando sobre as irmás Mirabal, chegou o día 25. E as aulas nos amosan o traballo que fixeron durante estas semanas:
Os máis pequenos:
A difusión das nosas pescudas:
lunes, 23 de noviembre de 2020
FACEMOS UNHA SESIÓN DE CINE?
Seguimos dotando a nosa biblio de material. Xa tedes a vosa disposición o novo material audiovisual adquirido este curso pola biblio.
viernes, 20 de noviembre de 2020
XOGAMOS?
Sabemos que este ano non é coma sempre pero, ante os cambios, o importante é a actitude.
Que non podemos saír ao patio cando chove? E se botamos un xogos de mesa?
A biblio ven de aumentar o seu fondo en xogos para que os recreos sexan máis dinámicos. Tamén podedes levar os xogos para as vosas aulas e organizar as quendas de xogo.
Non esquezades pasar pola biblio para ver todo o que temos.
jueves, 19 de noviembre de 2020
GREG E O SEU DIARIO ASALTAN A NOSA BIBLIO
Levavades tempo pedíndonolo e, por fin, xa está aquí. Renovamos os libros do "Diario de Greg" deteriorados e compramos os títulos que faltaban, agora xa podedes vir a collelos.













