É dous de febreiro e hoxe é o Día do Amor das nosas aves. Nos paxaros non somos pero coma este ano estamos traballando arreo sobre o medioambiente e o cambio climático quixemos declararlle o noso amor ao medio natural.
martes, 2 de febrero de 2021
lunes, 1 de febrero de 2021
MANGA: PRIMEIROS PASOS
sábado, 30 de enero de 2021
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz en todas as escolas. Podedes ver todas as actividades na páxina web do centro pero aquí tedes tamén un pequeno resumo para abrir boca. (premede na imaxe)
Ademais do manisfesto feito polo alumnado de sexto, tamén bailamos o BAILE DA PAZ, de Mamá cabra.
viernes, 29 de enero de 2021
PROGRAMA LER CON D: A GUERRA DOS NÚMEROS
Os nosos bibliotecarios estaban ansiosos por comezar o segundo trimestre para poder contar contos aos peques de infantil.
Aproveitando que falta pouco para celebrar o día da paz, as primeiras bibliotecarias fixeron a súa primeira gravación.
Estas gravacións despois se poñen o venres nas aulas de infantil para que poidan desfrutar do conto e así manter as medidas covid.
Aquí tedes esta primeira entrega:
jueves, 14 de enero de 2021
AMPLIANDO O FONDO: EDUCACIÓN SEXUAL
Volvemos este trimestre con novas ideas, propostas e propósitos, e que mellor que facelo ampliando o noso católogo?
O terceiro ciclo pediunos máis material sobre educación sexual e, aquí está.
viernes, 8 de enero de 2021
XA ESTAMOS DE VOLTA
FELIZ ANO 2021 PARA TODOS.
Remataron as vacacións de Nadal e dende a biblioteca de Reboreda xa estamos pensando que actividades imos facer este segundo trimestre. Así que estade atentos, en breve, irémosvos informando.
martes, 22 de diciembre de 2020
PÍLDORAS DE NADAL
Sabemos que as circunstancias non son as mellores pero dende os CEIP REBOREDA queremos desexarvos unha BOAS FESTAS e un PRÓSPERO 2021. E para animarvos, aquí vos deixamos "as nosas píldoras de nadal"
viernes, 18 de diciembre de 2020
PDI DO CAMBIO CLIMÁTICO: TRABALLO DAS AULAS
Un ano máis, para desenvolver o noso PDI, cada aula leva traballando arreo durante todo o trimestre. Agora, temos un resumo do traballo feito por cada aula nunha serie de vídeos que recollen as pescudas feitas polos nosos estupendos científicos escolares.
Premede no enlace e usade os botóns para navegar polos distintos cursos e poder ver os traballos realizados.
martes, 15 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Un ano máis chegan as nosas recomendacións lectoras para este nadal.
Tedes un pouco de todo e tamén as tedes colgadas no instagram do cole e na páxina web do centro.
viernes, 11 de diciembre de 2020
GALICIENCIA: EDICIÓN ONLINE
Dende o día 9 ata o 11 estase a desenvolver na Tecnopole, en Ourense, a maior feira de ciencia de Galicia. Este ano os obradoiros e sesión son online e seguiremolas en directo dende o canal de youtube da plataforma.
Fai un días chegou ao cole o material para poder desenvolver os talleres.
Foron uns días estupendos.
SESIÓN INAGURAL
TALLER: ILUMINANDO O MUNDO
viernes, 4 de diciembre de 2020
lunes, 30 de noviembre de 2020
GALICIENCIA 2020
Un ano máis o noso alumnado de sexto participa en Galiciencia.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos presentados a esta edición:










