lunes, 3 de abril de 2017

CONTACONTOS: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, “Unha eiruga moi larpeira”. Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!

jueves, 30 de marzo de 2017

O SUPERPODER DO PROFE GUILLERMO

Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e nesta ocasión tivemos na aula a un superheroe moi, moi cercano: o profe Guillermo. Resulta que o profe ten o superpoder de atopar fósiles cando anda de paseo polos montes na Rioxa e, fósil a fósil, foi estudando, investigando e aprendendo unha chea de cousas deles. Así que a semana pasada tivemos a sorte de telo na nosa aula compartindo os seus saberes con nós.

miércoles, 29 de marzo de 2017

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS CONTADA POR PAULA DE 5º A

Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!! 

lunes, 27 de marzo de 2017

COÑECENDO A ORIXE: A INVISIBILIDADE

Lembrades o concurso “Coñecendo a orixe” da biblioteca? Os xoves os equipos que levaron as maiores puntuacións no concurso fan un taller na biblio onde comparten as súas respostas con 20 rapaces que poden ir a sesión. A semana pasada tocáballes aos finalistas pero non estaban preparados así que a profe Marina díxonos se podían ir os Apolos. Non tiñamos nada preparado así que pregunteilles na clase e dixeronse que sí ao momento. Lembrábase de todo o proceso pero, antes de ir a biblio, volvemos ver o vídeo da experiencia na aula. E así, sen apenas preparación, mirade coma o fixeron. DÉIXANME SEN PALABRAS. SON FANTÁSTICOS!

viernes, 10 de marzo de 2017

O venres 10 de marzo, os nenos/as de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a Redondela. Asistimos a unha sesión de contacontos "O libro Máxico" no Multiusos da Xunqueira e xogamos no parque.

Pasámolo xenial !!












miércoles, 8 de marzo de 2017

CONTO DOS CHIBOS CHIBÓNS

Un xoves, máis, na hora de ler un novo contacontos visitou a clase dos choquetes cun libro moi especial para este entendido público de contos. Andrea preparou a súa historia con moito mimo durante moitos días, ata lles preparou uns bonito marcapáxinas para estes peques. Mirade que ben o fixo!!! Parabéns Andrea!!!

lunes, 6 de marzo de 2017

ENTROIDO 2017

Aquí tedes uns retazos da celebración do entroido. Clicade na imaxe
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d99494812k6994152o2l1/entroido-cole

miércoles, 1 de marzo de 2017

CONTO: “A VISITA DOS DOMINGOS”, POR MARA DE 5ºA

Cada xoves, una novo contador de historias visita a clase dos choquetes. Nesta ocasión Mara achegouse cun conto moi especial e sorprendente, “A visita dos domingos”.
Levou preparando a súa presentación varias semanas para que todo saíse perfecto. Ata lles preparou unas fermosas chapas como recordo do seu paso pola nosa clase. Mirade que ben o fan estes pequenos contadores de historias!!!

jueves, 23 de febrero de 2017

MÁIS RECURSOS PARA O ENTROIDO

Belén Junquera dende Casa de tolos déixanos todas estas páxinas para poder seguir traballando co entroido. Clicade na imaxe para acceder.
https://docs.google.com/document/d/17mWJ22_LVqai-dXgXvgIjoMFX7jI_BCd9wj1GX2i-4E/edit

martes, 21 de febrero de 2017

CAZA DO TESOURO SOBRE O ENTROIDO

Dende o recanto de Mik nos achegan este xogo sobre o entroido onde tedes que facer de dectetives e estar moi atentos para poder resolver o que se vos pide.
http://www.mystudiyo.com/act82670/mini/go

domingo, 19 de febrero de 2017

TEMPO DE ENTROIDO

É tempo de entroido. Pero, que sabedes desta festa?
Dende o CEIP Curros Enríquez de Celanova chéganos este enlace onde tedes un xogo LIM sobre o entroido co que, ademais de xogar, aprenderedes moito.
http://coelernidesexto.blogspot.com.es/2015/02/chega-o-entroido.html

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim


viernes, 17 de febrero de 2017

ESTADES LISTOS PARA O ENTROIDO!!

 Empezade a resolver pola casa porque o MECO xa está listo para mandarnos as súas ordes.

Aquí vai a do luns, lede con atención...