viernes, 17 de febrero de 2017

PARA PENSAR...

lunes, 13 de febrero de 2017

GLORIA FUERTES: "El león travieso"

Seguimos acercándonos a obra de Gloria Fuertes na celebración do centenario, nesta ocasión vendo e escoitando o poema do león travieso. 

viernes, 10 de febrero de 2017

SUPERHEROES CERCANOS: OS BOMBEIROS

Os Apolos despois de visitar o parque de Bombeiros de Teis, de investigar e traballar arreo na aula prepararon unhas presentacións para explicar o que xa saben dos bombeiros. 
Queredes saber máis? Pois non perdades detalle. 

miércoles, 8 de febrero de 2017

OS SUPERHEROES TAMÉN TEÑEN QUE RELAXARSE

A profe Isa e os alumnos de 5º convidáronnos a unha sesión moi especial na aula de psicomotricidade. Nos vos conto máis.
 MOITAS GRAZAS PROFE E RAPACES ED 5º FOI XENIAL!!! 

lunes, 6 de febrero de 2017

ASÍ CELEBRARON O DÍA DA PAZ OS PEQUESREBOREDA

Estivemos uns días preparando a chegada do día da paz, preparando o mural dos superamigos, aprendendo unha frase pacífica e cantamos a canción de Maná, “Queremos paz”

viernes, 3 de febrero de 2017

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE 1º E 5 ANOS

Seguimos no noso proxecto dos superheroes, desta volta coñecendo aos superheroes que nos rodean, con fazañas anónimas que fan que a vida de todos sexa moito mellor. Aproveitamos para visitar aos bombeiros. Cando chegamos ao cole os nen@s dixeron: 
"QUEREMOS SER BOMBEIROS", nada pode resumilo mellor.
 Clicade na imaxe para ver as fotos.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d93346890k4300824o2l1/bombeiros-biblio

jueves, 2 de febrero de 2017

MÁIS GLORIA FUERTES

Seguimos achegándonos a obra de Gloria Fuertes na celebración do seu centanario. O outro día debuxamos a un neno, que vos parece se hoxe debuxamos a un neno da man de Gloria Fuertes e en voz da contadora Beatriz Montero.

martes, 31 de enero de 2017

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día da paz todos xuntos. Elaborando un mural sobre os nosos superamigos, cantando unha canción e falando todos xuntos do significado da palabra paz.
Clica na imaxe para ver as fotos
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d93380178k6971159o2l1/paz-cole

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Dende 1964 para celebrar a morte de Gandhi celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Esta celebración foi recoñecida pola UNESCO en 1993. Nesta data celebramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Axudémonos, comprendámonos, dialoguemos... VIVAMOS EN PAZ

domingo, 29 de enero de 2017

"COCORICO", POLA CONTACONTOS DE 5º-A, CARLA

Carla achegouse a clase dos choquetes para contarlles unha fermosa historia moi coñecida por estes expertos buscadores de historias, "Cocorico". Levaba moitos días ensaiando e preparando cunhas axudantas moi especiais uns pequenos agasallos para os peques. Fixeron uns marcapáxinas moi fermosos de recordo do conto. Pasámolo moi ben e gustounos moito escoitar o conto na voz de Carla. Parabéns Carla!!! Os choquetes xa están ansiosos por recibir a un novo contador de historias (pequeno, grande ou... moi grande!). Animádevos que vos estamos esperando!!!

jueves, 26 de enero de 2017

PINTAMOS UN NENO?

Gloria Fuertes ensínanos a debuxar en neno, na voz da contadora de contos Beatriz Montero. Atrevédesvos a debuxalo?

OS MAIORES LEN AOS PEQUES

O xoves a lectura silenciosa é moi especial porque os maiores van a ler contos aos nen@s de infantil. Están contando contos moi chulos e os peques están moi atentos!!!