RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Os nenos e nenas de 1º e 2º recomendámosche a ti
para as tardes chuviosas de abril...
Gabriel 2º A
Recomendo " SECRETOS DE LA TIERRA" porque é moi interesante.
Carme 1º B
Recomendo o conto " SIN TÍTULO" porque tén uns debuxos bonitos e sae o autor.
Sara 2º B
Recomendo "OS TRES PORQUIÑOS" porque fíxome rir cando o lobo queima o cu na cheminea.
Diego 2º A
Recomendo " OS BOLECHAS QUEREN SABER...EDUCACIÓN VIARIA" porque é bo saber as normas de tráfico.
Yago 2º B
Recomendo " EL TIBURÓN" porque é moi emocionante e divertido.
viernes, 15 de abril de 2016
miércoles, 9 de marzo de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
LECTURA SILENCIOSA COMPARTIDA: 4ºA CON INFANTIL
Os antigos exploradores, case sempre que poden, non deixan de vir a
visitarnos. Nesta ocasión quixeron facer e compartir con nós o momento
da lectura silenciosa, que todos os xoves e venres facemos no cole
despois do recreo. Mirade que atentos e que silenciosos estivemos, cos
nosos amigos de 4º, nestes momentos de lectura.
lunes, 7 de marzo de 2016
XORNAL ESCOLAR
Levamos semanas traballando na edición especial do xornal. As noticias son contadas por todo o alumnado do cole, froito de moito traballo e esforzo. Moitas grazas a todos!
Santo xornal de Abaixo
Etiquetas:
biblio,
semana da prensa,
xornal
jueves, 25 de febrero de 2016
BIBLIOCONCERTO
Ademais das actividades realizadas o 29 de xaneiro, tivemos a sorte de poder asistir a un biblioconcerto cheo de música e paz. Os protagonistas foron alumnos do cole e o concerto estivo xenial.
Moitas grazas!
Día escolar da non violencia e a paz
Nesta conmemoración quixemos resaltar a importancia das mensaxes e mostra de afecto cara os demais. Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos no cole para celebrar este día.
Etiquetas:
apertas,
conmemoracións,
día da paz
Recomendacións lectoras.
Estes libros que recomendamos poñen o sorriso grande e os ollos brillantes.
Gabriel e Javier de 1º.
Nuno e Iris de 1º.
Gabriel e Javier de 1º.
![]() |
" Busca en las grandes máquinas"
É moi divertido hai que buscar máquinas agochadas.
|
martes, 16 de febrero de 2016
DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DO ENTROIDO
Seguimos co tema da alimentación e non podiamos deixar pasar unha época tan gastronómica coma o entroido para investigar, aprender e disfrutar cos doces típicos desta época.
Nesta ocasión non cociñamos no cole senón que contamos coa fantástica axuda das familias que nos trouxeron: ourellas, filloas, flores de entroido, torrijas, rosquillas, buñuelos e ata doces marroquís.
Cada unha das aulas investigamos sobre un dos doces, os Choquetes as orellas, os Xirasois as rosquillas, os Coquiños as filloas e os Apolos as flores de entroido.
Resumimos a nosa investigación nun vídeo que proxectamos no salón para que todos os peques souberan algo máis das nosas tradicións gastronómicas. Temos que darlle especialmente as grazas a mamá de Daniela que nos deixou grabar na súa casa coma facía as flores para poder proxectar despois na clase e que os Apolos puidesen ver coma eran, ademais montamos o noso vídeo aproveitando esas imaxes.
Tivo que facer as flores para o vídeo e logo para traer a escola así que MOITÍSIMAS GRAZAS.
Despois de cultivar o espírito chegou o momento de cultivar o estómago así que pasamos a degustación. Acompañamos os doces con chocolate quentiño e pasámolo xenial
Coma as familias nos trouxeron tantos doces ao final fixemos unha bandexa para cada aula e compartimos con todos os nenos do cole.
MOITÍSIMAS GRAZAS AS FAMILIAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA DISPOSICIÓN E A VOSA COLABORACIÓN. DA GUSTO PODER CONTAR CONVOSCO E TER SEMPRE TAN BOA RESPOSTA!
viernes, 29 de enero de 2016
Recomendacións cheas de paz!
Con motivo da conmemoración do día escolar da non violencia e a paz, os rapaces e rapazas de 3º e 4º querémosvos recomendar uns libros moi relacionados con esta celebración. Animádesvos?
martes, 26 de enero de 2016
OS CHOQUETES VISITAN A BIBLIOTECA
Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos. Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…
viernes, 22 de enero de 2016
Nós recomendamos...
Os rapaces e rapazas de 1º e 2º , comezamos o 2016 con ganas de sumerxirnos en novas aventuras. Éstas son as nosas recomendacións lectoras...
Lía de 1º .
Lía de 1º .
Eu recomendo " Que contan as ovellas para durmir" .
Gústame porque é en galego e é moi gracioso.
Sandra e Uxía de 2º.
Nós recomendamos " Querido Tolo" . É moi bonito,
conta a historia de dous cans que se enamoran.
Samuel de 2º.
Eu recomendo " A vella quenlla perde os dentes"
Gustoume este conto porque é dunha quenlla que come peixes.
Helena de 2º.
Eu recomendo " Mi primer Platero"
Recomendo este conto porque trata dun burro alegre.
Esperamos que vos gusten !
domingo, 10 de enero de 2016
BIBLIOCONCERTOS!!!
Este curso seguimos cos biblioconcertos.Un curso máis gozaremos coa música das nosas compañeiras e compañeiros. Nestes vídeos podedes ver os primeiros concertos. Parabéns e moitas grazas aos artistas por participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













