Mostrando entradas con la etiqueta visita cataluña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visita cataluña. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de abril de 2009

AGRUPACIÓNS ESCOLARES

Recordades o proxecto de "Agrupacións Escolares"??
Temos unha páxina adicada ao tema, na sección "Curso 2008-2009".
Dentro do proxecto había programado un encontro dos nenos e nenas dos catro centros implicados, na que poder intercambiar en vivo e en directo todas aquelas experiencias que vimos realizando dende o principio de curso.
Pois chegou o momento, este luns, 20 de Abril, saimos cara a Vimbodí.


Ver mapa más grande
Levamos uns últimos días moi nerviosos, pero, xa falta menos.
Durante esta semana irémosvos contando como vai o encontro, é o que teñen de bo estas novas tecnoloxías, incluso dende aló, estaremos en contacto, presentándovos aos nosos novos amiguiños, explicándovos as súas aportacións,...
Preguntade o que queirades. Intentaremos respondervos dende Cataluña.