Mércores, 22 de Abril, o autobús chegou ás 10:55 h e xa de mañá botamos unhas risas. Dirección Vimbodí.
A primeira parada foi no Museo de Vidro de Vimbodí. A guía foi explicándonos os distintos obxectos. Contounos unha historia que dicía como se descubriu o cristal: “Uns piratas que desembarcaron nunha praia fixeron unha fogueira e ao apagarse, no solo había cristais”.
Despois ensináronnos como facían as figuras e…
quedamos abraiados.
Estivemos co Maestro Vidriero, Paco Ramos. Foi impresionante ver como facía aquelas figuras, unhas grandes, outras pequenas, con miles de formas.
Aquí tedes a súa páxina, para que alucinedes tanto coma nós:
Para rematar a mañá os alumnos e unha alumna de Blancafort ensináronnos o pobo: os lavaderos, a igrexa, unha fonte do 1896 cando foi betada a auga ao pobo... O que máis nos gustou foi un calexón que era tan pequeno que para pasar dous tiñan que pasar abrazados, por eso se chamaba a calle dos abrazos.
Logo fumos para o colexio de Vimbodí e estivemos xogando alí co resto de compañeiros dos outros centros.
Pola tarde fixemos talleres, cada cole organizaba un: fixemos marcapáxinas, atadillos, xogamos co ordenador, … todo en relación coas plantas aromáticas.
Agora quédanos un tempo no albergue para coñecer aos nosos compañeiros de León e Asturias. Pero, en definitiva, pasámolo moi ben.
Grazas a todos polos vosos comentarios!!
Iara e Simón