Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊
viernes, 27 de febrero de 2026
UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA
lunes, 23 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos o #díadeRosalía con música, coa alborada, cantando tod@s xunt@s no patio. Como sempre, coa profe Isa á cabeza. Tamén demos comezo á #semaniñaenteira en colaboración co EDLG do concello de Redondela.
miércoles, 11 de febrero de 2026
SAÍDAS: MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Que mellor xeito de celebrar este día que aprender acompañados da.Jane Goodall` de Santiago. Menuda sorte tivemos. #quintoreboreda,#saidas, #diadamullereanenanaciencia
Etiquetas:
DIA DA MULLER E NENA NA CIENCIA
martes, 10 de febrero de 2026
ESCOLAS AZUIS: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Maña 11 de febreiro conmemorarse o Día Da Muller e a Nena na ciencia. Os quintos e sextos tivemos a inmensa sorte de participar no obradoiro Aquamission organizado polo CIM onde, da man dunhas fantásticas investigadoras e investigadores, descubrimos unha chea de cousas sobre a acuicultura.
Moitas grazas a Marta Crespo polo contacto e toda a axuda coas xestión. Foi unha xornada fantástica.#pdioquenostraeamarea, #ciencias, #diadamullereanenanaciencia, #CIM
Etiquetas:
DIA DA MULLER E NENA NA CIENCIA
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



