viernes, 31 de enero de 2025

DÍA DA PAZ

 Hoxe conmemoramos o Día da Paz enchendo un buzón de mensaxes,debuxos e cartas pedindo o fin da guerra.

Sumámonos así a iniciativa dunha nena da nosa vila que pediu colocar un buzón no Multiusos de Redondela durante o Nadal no que poder depositar cartas pedindo o fin do conflito en Gaza.
Ese buzón chegou ao noso colexio e agora seguirá pasando por outros centros educativos permitindo que a infancia e a mocidade poida expresar tamén a súa repulsa pola guerra. Posteriormente todas as cartas faranse chegar á Moncloa.
O alumnado de sexto curso abriu o acto cun manifesto expresando así en voz alta o sentir de tod@s.



No hay comentarios: