domingo, 22 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

 Non queremos rematar o ano sen deixar as nosas recomendacións lectoras. Libros para todas as idades que podedes incluir na carta dos Reis Magos ou simplemente anotar na lista de vindeiras lecturas e comezar así o ano disfrutando de boas historias. Tamén unha pequena selección de xogos para divertirse en familia.

Dende a biblioteca do colexio de Reboreda desexámosvos o mellor para este ano que está a piques de comezar. E que veña acompañado de estupendas lecturas. 📚

Infantil:

Antes de durmir @cumioeditora
Colección Escola de monstros ( agora tamén en galego) @herculesediciones
La mano mágica @editorialkokinos
Un artista es.... @edjuventud

Primer ciclo:

A rebelión da lectura @cumioeditora
La gatita de Monet @editorialastronave
Cruce de caminos en el Valle dorado @editorialastronave
Enigmas de arte @zahoribooks

Segundo ciclo:

Ula e Vinca @antelaeditorial
Un ladrón no museo @cumioeditora
O teu cerebro é xenial @cumioeditora
Colección Miudiños @cumioeditora

Tercer ciclo:

Nadalario @cumioeditora
Las Swift. Una galería de sinvergüenzas. @anayainfantil
La chica que hablaba oso @erratanaturaeeditores
O enigma de siempreviva @edicionsxeraisdegalicia

Adultos:

Carcoma
Mary Shelley @nordica_libros
Malaherba ( novela gráfica) @salamandragraph

Xogos:

A dibujar! @editorialkokinos
La fiesta de las letras @gamesatomo
Porquelandia @triquetaverde
Pollo vs perrito @mercuriodistribuciones

#biblioblogreboreda #recomendaciónslectoras




sábado, 21 de diciembre de 2024

MÁIS LIBROS SOBRE ARTE

 Hoxe traemos unha segunda selección de libros para o proxecto sobre arte. Esta vez formada por libros sobre artistas relevantes da historia. Unha bibliografía estupenda que estamos utilizando moito ...e o que queda por descubrir!!! 🎨🖌️♥️




jueves, 19 de diciembre de 2024

ADEMAIS DOS LIBROS, TAMÉN NOS ENCANTAN OS XOGOS

 Despois de todo un trimestre de traballo intenso, toca relaxarse e compartir.

#sextoreboreda#xogos#aprenderxogando#nadal



lunes, 16 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Durante este trimestre a nosa biblioteca encheuse de libros relacionados co noso proxecto de centro: Un ano no museo .

Hoxe vos mostramos unha primeira selección de libros sobre creatividade.
#biblioblogreboreda #unanonomuseo #creatividade



jueves, 12 de diciembre de 2024

VIDEO RESEÑAS DA SEÑORITA BUBBLE

 En sexto estivemos lendo e traballando coa Señorita Bubble de @lediciacostas durante este trimestre. Encantounos o libro e aquí vos deixamos algunha das nosas video reseñas.

#sextoreboreda#steam#aprenderfacendo#aprenderprogramando#señoritabubble,



jueves, 5 de diciembre de 2024

CHEGA O NADAL

Chega o Nadal e con el a nosa árbore. Este ano decidimos aproveitar o noso laranxo e decoralo con adornos feitos polo alumnado de quinto e sexto con material reciclado. Aquí tedes o resultado! Bo Nadal!🎄 🎅


#ceipReboreda #nadal #manualidades #manualidadesnavidad #reutilizar #reciclar #adornosreciclados



martes, 3 de diciembre de 2024

MÁQUINAS PARA DESENVOLVER AS CAPACIDADES ARTÍSTICAS

 Esta semana, en robótica, seguimos facendo máquinas coas que desenvolver as nosas capacidades artísticas. Hoxe construimos un compás e ata conseguimos que funcionase, iso si, de unos máis de un quebradeiro de cabeza. #sextoreboreda#steam#robotica#poloscreativos#aprenderfacendo




martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO

 Hoxe, con motivo da conmemoración do Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e en relación co noso proxecto de centro deste curso " Un ano no museo" ,comezamos a traballar a figura de Margaret Keane.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo a través do visionado da película " Big eyes" de Tim Burton e s pequen@s con fragmentos da mesma e vídeos sobre a súa historia.
Walter Keane, marido da pintora, adxudicouse a autoría dos cuadros de Margaret durante máis dunha década. Ao principio sen que ela se decatase e posteriormente convencéndoa de que un cadro firmado por unha muller perdía valor. Chegou incluso a ameazala de morte se contaba a verdade.
Durante toda a semana seguiremos profundizando na súa figura rematando cun proxecto final que pronto veredes por aquí.



lunes, 25 de noviembre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 No cole celebramos o Día das Bibliotecas dun xeito moi rtístico.

O alumnado de sexto preparou o conto O punto de Peter Reynolds.
Por parellas,os alumnos de sexto foron dende infantil a segundo de primaria contando o conto e logo, todos debuxaron puntos para o noso Museo.



viernes, 22 de noviembre de 2024

CADRO COLABORATIVO

 Aproveitando o PDI do centro, estamos facendo obras de arte cooperativos.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

APRENDEMOS A SINTETIZAR

 En sexto estamos aprendendo a sintetizar e organizar a información. Non è fácil pero... Pouco a pouco, todo sae.




viernes, 15 de noviembre de 2024

CHARLAS PARA QUINTO

 Na clase de quinto recibimos a visita de Alexandra, da asociación Alborada, para falarnos de como facer un bo uso de internet.




martes, 5 de noviembre de 2024

DESEÑANDO CON PISKEL

En sexto comezamos o eido Steam con moita arte.

Deseamos con Piskel.



jueves, 31 de octubre de 2024

CURTA DO PROFESORADO

 Aquí vai a curta de medo dos profes para o festival de Samaín! #ceipreboreda




miércoles, 30 de octubre de 2024

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Un bo Samaín precisa de traballos manuais. Empezamos!!!




lunes, 21 de octubre de 2024

FESTIVAL DE CURTAS

 Un ano máis xa está o noso Festival de Curtas. Non teñas medo e participa!!!



viernes, 18 de octubre de 2024

HERVÉ TULLET

 Hoxe creamos arte da man de Hervé Tullet! Participamos no seu taller en directo! Aquí vos deicxamos unha mostra!

#ceipReboreda #proxectounanonomuseo



viernes, 4 de octubre de 2024

OS POLOS CREATIVOS ESTÁN MÁS ARTÍSTICOS CA NUNCA.

 Un ano máis os venres hai obradoiros. Polos Creativos xa está en marcha cunha temática moi artística. #poloscreativos#edudixital#edixgal#steam#aprenderfacendo#talleresinterniveis



jueves, 12 de septiembre de 2024

ARRINCAMOS CURSO E CON EL PROXECTO: UN ANO NO MUSEO

 Este curso imos traballar a arte dende as diferentes áreas e dende diferentes perspectivas.

O equipo do PDI xa está dándolle voltas a moitas ideas que, de seguro, vos van sorprender.

BO COMEZO DE CURSO!!!



lunes, 1 de julio de 2024

Recomendacións lectoras verán 2024



O verán é un momento estupendo para enfrascarse en boas lecturas. 

Hoxe deixamos por aquí varias recomendacións para todas as idades. Para ler na praia, na piscina, no monte... ou nos ratiños libres antes de durmir. Tamén algúns xogos para divertirse en familia.

 Esperamos que vos gusten moito. 


viernes, 14 de junio de 2024

Xoga un conto ( segundo trimestre)

No noso cole , os venres son días moi especiais. É o día dos obradoiros internivel. 

Nos obradoiros " Xoga un conto" partimos da lectura dun álbum ilustrado para levar a cabo unha serie de actividades relacionadas co mesmo. No segundo trimestre, a temática do obradoiro foron as aves e a reciclaxe. 

Premede no enlace para descubrilo. 


viernes, 24 de mayo de 2024

Certamen da Reboraina

 Este curso, o certamen de relatos da Reboraina cumpre a súa vixésimo quinta edición e por iso decidimos festexalo dunha maneira especial. 

Premede no enlace baixo a foto para ver máis. 




martes, 21 de mayo de 2024

Luísa Villalta

Luísa Villalta foi a homenaxeada do Día das Letras galegas de este ano. 
No cole fixemos varias  actividades  para coñecela un pouco mellor. 
Premede nos enlaces para descubrilo. 


                          Mural Luísa Villalta


                        Polo correo do vento




martes, 14 de mayo de 2024

Apadriñamento lector

 O pasado 12 de maio foi un día moi especial. Un día no que a lectura compartida foi a protagonista.

Premede no enlace para descubrir o que pasou...

                       Apadriñamento lector

jueves, 14 de marzo de 2024

Ernestina Otero

 Ernestina Otero foi unha muller moi relevante da nosa vila. No noso cole queremos que a nosa rapazada coñeza e valore a súa historia. Por iso ,o 4 de marzo, e dentro das actividades do Día da Muller, recibimos a visita de Polo correo do vento. Eles nos mostraron como foi a súa vida e cal foi a súa labor. Días despois , o alumnado de segundo, fixo unha exposición para o resto d@s seus compañeir@s, mostrándolles todo o aprendido. Premede no enlace baixo a foto para descubrir máis. 




lunes, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS DE CUARTO AOS NENOS DE INFANTIL

 Os alumn@s de cuarto contaron un conto as estrelas.

Unha forma estupenda de comezar a mañá.



viernes, 8 de marzo de 2024

Recomendacións lectoras 8M


                  Recomendacións lectoras 8M

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 4

 Presentamos o último vídeo compilador do 8 M.

Ademais de ir polas aulas, os alumn@s de quinto deseñaron un mural onde recoller as ideas transmitidas. Un mural colaborativo onde cada aula deixou a súa pegada:
Infantil e primeiro as escamas da Coca marcando o camiño que tiñan que recorrer as mulleres represaliadas na Guerra Civil.
Segundo coloreou as letras do título.
Terceiro debuxou as lavandeiras de San Simón e cuarto e sexto fixeron as biografías das mulleres redondelás que resaltaron na súa època.
Un final fantástico para un traballo excelente do alumnado de quinto.
Noraboa rapaces!!!