O pasado venres día 11, Alba P, Alba S e María participaron no desafío
final de Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tiveron que facer
fronte as mesmas probas que o alumnado de secundaria. Comezaron con
nervos e quedándose un pouco atrás pero, pronto remontaron, gañaron
confianza e, ademais de pasalo moi ben, conseguiron gañar.
Insisto unha vez máis en que só con ser finalistas para mi xa erades as
gañadoras e quero, unha vez máis, recoñecer o traballo do resto dos
equipos que, aínda que non chegaron a final, tamén fixeron un traballo
xenial e digno de recoñecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario