O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial.
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis.
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.
BRAIS 5º B
No hay comentarios:
Publicar un comentario