miércoles, 3 de marzo de 2010

MARGARIDA VOLTOU DAS SÚAS VIAXES

Como xa lestes no seu boletín de "Novas", Margarida está de volta.
En todo este tempo que faltou da Biblio, estivo de viaxe, percorrendo moitos paises, na procura de contos, historias, lendas,... que podernos contar, para que coñezamos máis de cerca esas culturas coas que estamos a traballar, e moitas outras.
Ten moito que contarnos, pero, pouco a pouco. Ao longo da súa viaxe coñeceu moitos nenos e nenas dos que aprendeu moito, e que querían tamén coñecer algunhas das historias que nós coñecemos.
Non seades tímidos!, contádenos!!, Cal é esa historia, ese libro, ese conto,... Que tanto vos gusta?
Os nosos amigos e amigas, ao outro lado do mundo seguro que están moi atentos ás nosas recomendacións.

SABEDES POR ONDE ANDABA MARGARIDA NESTA FOTO?

2 comentarios:

OS VINCIS dijo...

ESTABA NA GRAN MURALLA CHINA. ESA É UNHA MURALLA ENORME QUE TEN MOITOS KILÓMETROS.OS VINCIS FIXEMOS A NOSA MURALLA CHINA COAS PEZAS DAS CONSTRUCCIÓNS E TAMÉN A DEBUXAMOS.

os exploradores dijo...

Os exploradores tamén saben onde estamos, na China!!! Esa é a gran muralla chinesa que foi medrando pouco a pouco a través dos anos.