viernes, 20 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Si, o 21 de Marzo, día do nacemento da primavera, é tamén o Día Internacional da Poesía.
Non podía ser de outro xeito!.
Florecen os campos, as árbores, e como non, a ledicia e o amor nos nosos corazóns.
Que data tan apropiada!
Sentado baixo a sombra dunha cerdeira en flor, tumbado ao sol sobre a area da praia,... apetece ler e incluso escribir, e por que non, uns versos, unhas fermosas palabras que reflictan o noso sentir.
Aquí vos deixamos unhas liñas para que vos inspiredes:
POEMIÑA PRA NAMORAR A UNHA ROSA
(Manuel María)
A rosa rosiña
está na roseira.
¡E será miña
anque non queira!
A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.
A rosa rosiña
está no rosal;
¡tes que ser miña,
rosiña lanzal!
A rosa rosada
de tenro mencer,
¡é tan delicada
que pode morrer!
Prá rosa rosiña
fachenda de Maio,
¡incruso é espiña
a frol dun salaio!
A rosa rosada
xa é miña amiga;
¡quedóu namorada
con esta cantiga!
VAGUEDÁS
(Rosalía de Castro)
II
Ben sei que non hai nada
novo en baixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.
X
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
¡eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor!
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
"Señor, que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición".
E doumo Dios, arrinqueino,
mais... ¿Quén pensara?... Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica..., seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!
  • No apartado de "Xoga e Curiosea", tedes unha páxina da Autora Carmen Gil, http://www.poemitas.com/ con moitas propostas de actividades, poesía, cancións, .... Algunhas relacionadas co ano da Astronomía.
  • E no apartado de "Recursos Interesantes", outra, cunha antoloxía de Poesía Galega musicada, "Son de Poetas".
Aproveitade estos días para botarlle un ollo!!

No hay comentarios: