Este martes día 15 de Xaneiro os nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 1º e 2º cursos de primaria, asistiron a unha sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez no multiusos de Redondela.
Nesta iniciativa que pretende dar a coñecer os Camiños ós máis pequenos, ademáis de escoitar atentos en que consistía o Camiño de Santiago, as distintas rutas e contos doutras culturas, tiveron que, por aula, levar unha pedra, imitando así ós antigos peregrinos e deixar constancia da súa participación nun caderno de viaxe.
Pedras e cadernos exporanse ó remate dos Camiños en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego.
2 comentarios:
Paréceme moi interesante a actividade.
E para os maiores que?, tamén queremos que nos conten contos.
Publicar un comentario