sábado, 26 de enero de 2008

O NOSO DÍA DE PAZ

Os alumnos/as do CEIP Sto. Paio de Abaixo celebran o Día da Paz o mércores 30 de xaneiro:

Durante toda a semana iremos confeccionando un mural coas pombas e as súas mensaxes de paz.

Durante a mañá do mércores visionaremos varios vídeos alusivos á Paz.

A partires das 12:45 da mañá todos os cursos recitarán poemas . O lema deste ano é: "Camiños para a Paz". Cada neno/a recortará un pé segundo un modelo e dunha cor determinada. No patio colocaremonos en círculo semellando o globo terráqueo. Iremos colocando os pés facendo camiños cara ao centro onde estará a palabra PAZ.

Finalmente, cantaremos a canción de Antonio Flores "No dudaría" e remataremos cunha solta de pombas e un forte aplauso pola Paz.


"Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño"

Mahatma Gandhi

1 comentario:

Chispa dijo...

Moitas grazas polo voso vídeo, acabamos de colgalo no noso blog. Saúdos agarimosos e pacíficos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.