viernes, 28 de abril de 2023

Maio 2023

 Unha das festas máis fermosas do ano chega coma sempre cargada de pampullo, fiuncho , calas, ovos e coplas. Que non pare a festa!!!

Clicade sobre a foto para ver máis!


lunes, 24 de abril de 2023

Día do libro: Do libro ao cine

 Seguindo coa temática do PDI deste curso, o cinema foi tamén o protagonista deste Día do libro. Así , despois de investigar e facer entre tod@s unha selección de pelis baseadas en libros, simulamos unha carteleira de cine no que cada sala proxectaba a peli dun libro. Porque os libros , coma siempre ,son unha xenial forma de inspiración. 






viernes, 31 de marzo de 2023

Espallar tinta

 Esta semana o noso cole participou na feira de escrita organizada polo CEIP de Cedeira , "Espallando tinta" Para iso reunimos  moitas das producións escritas feitas polo noso alumnado.

Tivemos dúaas mesas expositoras que enchemos de fermosos traballos. Así, por exemplo, levamos un "camiño de conto" do Mago de Oz contando a historia dende Kansas ata Cidade Esmeralda. O alumnado de cuarto fixo uns marcapáxinas que se poden plantar ( encantaron a todos os visitantes) . Outro material que gustou moito foi o álbum de lembranzas inspirado na película Up , e que garda no seu interior os recordos de infancia e xuventude dos avós do noso alumnado.








martes, 14 de marzo de 2023

Concurso da Reboraina

 Un ano máis convocamos o concurso de escritura da Reboraina ...e xa imos polo XXIV. 

Escribir é debuxar con palabras. 



lunes, 13 de marzo de 2023

Charles Chaplin

 Unha figura que non podía faltar durante este curso era a de Charles Chaplin coa súa personaxe máis famosa: Charlot.

Na clase das Baleas investigaron moito para facer este fermoso traballo. Para iso , na biblioteca do cole buscaron libros sobre él e a súa vida. 

Clicade na foto para ver máis.




viernes, 10 de marzo de 2023

8M: Mulleres detrás das cámaras.

 Durante toda a semana fixéronse nas aulas diferentes actividades para conmemorar o 8 de marzo relacionadas coa PDI. A actividade principal titulada: "8M: mulleres detrás das cámaras" consistiu en investigar a figura dunha muller que traballaba ou traballa detrás das cámaras. Así os nenos e nenas coñeceron a fondo profesións como as de produtora, directora, maquilladora, directora de doblaxe, etc. Algunhas delas colaboraron activamente con nós visitándonos no centro ou tamén a través de videoconferencia. Grazas a elas achegámonos un pouco máis ao mundo do cinema. 

Clicade sobre a imaxe para ver máis.



jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!

Clicade sobre o vídeo para ver máis.




miércoles, 22 de febrero de 2023

Xoga un conto : O ceo imaxinado.

 Neste segundo trimestre retomamos o obradoiro "Xoga un conto" pero esta vez cunha temática ben distinta. Despois de explorar as posibilidades creativas dos bosques, agora tocaba ir un pouco máis lonxe. O espazo foi a temática desta nova edición. De novo coa colaboración da biblioteca do centro, fixemos unha selección de libros sobre o ceo, o espazo, as estrelas, as constelacións...e ademáis de disfrutar destas lecturas creamos entre tod@s un ceo imaxinario que neste caso tiña sorpresa final! Durante toda a sesións o alumnado creaba o seu particular ceo nocturno con elementos fluorescentes sobre papel negro. Case a piques de rematar, as luces se apagaban para iluminar o salón con lámpadas de luz negra. O resultado como podedes ver era impresionante e todos ficaban un rato abraiados observando as súas particulares nebulosas, constelacións ou planetas . ☄️🌙🌌🌚🧑‍🚀✨⭐ #xogaunconto #biblioblogreboreda #obradoiros

Clicade sobre a fotografía para poder ver un pouquiño máis.




viernes, 17 de febrero de 2023

Entroido de cine

Este curso, como non podía ser doutro xeito, o entroido vestiuse de cine. E non só de cine. O alumnado de primeiro escolleu ademáis unha película basada nun libro maravilloso: O Mago de Oz . 






martes, 14 de febrero de 2023

Na clase tamén se conta

 Hoxe celebramos o día do amor resaltando a importancia das palabras e o que nos fan sentir.

Primeiro lemos os libros “Palabras con corazón” de @bruno_editorial e “Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo…” de @tramuntana_editorial

Despois pensamos en situacións cotiás nas que nos sentimos tristes ou a disgusto e intentamos buscar as palabras que nos parecían máis axeitadas para animar, consolar, facer sentir mellor… Tamén expresamos aquilo que non nos gusta que nos digan.

Para finalizar tivemos un regaliño: un bote cheo de palabras bonitas para alegrar os nosos corazóns e adozar un pouco o día!




jueves, 22 de diciembre de 2022

Recomendacións lectoras polo Nadal


Como cada ano , dende a biblioteca do centro, enviamos as familias as nosas recomendacións lectoras para todas as idades.
 

Clicade sobre a imaxe para descubrilas!!!



miércoles, 21 de diciembre de 2022

Viaxe a Lúa

 Como proxecto de fin de trimestre o alumnado de cada clase elaborou a súa particular versión do Viaxe a Lúa de George Méliès. Dende a biblioteca do cole, libros como Méliés ou A invención de Hugo axudaron a coñecer un pouco máis a súa figura.