Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!
Clicade sobre o vídeo para ver máis.
Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!
Clicade sobre o vídeo para ver máis.
Neste segundo trimestre retomamos o obradoiro "Xoga un conto" pero esta vez cunha temática ben distinta. Despois de explorar as posibilidades creativas dos bosques, agora tocaba ir un pouco máis lonxe. O espazo foi a temática desta nova edición. De novo coa colaboración da biblioteca do centro, fixemos unha selección de libros sobre o ceo, o espazo, as estrelas, as constelacións...e ademáis de disfrutar destas lecturas creamos entre tod@s un ceo imaxinario que neste caso tiña sorpresa final! Durante toda a sesións o alumnado creaba o seu particular ceo nocturno con elementos fluorescentes sobre papel negro. Case a piques de rematar, as luces se apagaban para iluminar o salón con lámpadas de luz negra. O resultado como podedes ver era impresionante e todos ficaban un rato abraiados observando as súas particulares nebulosas, constelacións ou planetas . ☄️🌙🌌🌚🧑🚀✨⭐ #xogaunconto #biblioblogreboreda #obradoiros
Clicade sobre a fotografía para poder ver un pouquiño máis.
Hoxe celebramos o día do amor resaltando a importancia das palabras e o que nos fan sentir.
Primeiro lemos os libros “Palabras con corazón” de @bruno_editorial e “Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo…” de @tramuntana_editorialComo proxecto de fin de trimestre o alumnado de cada clase elaborou a súa particular versión do Viaxe a Lúa de George Méliès. Dende a biblioteca do cole, libros como Méliés ou A invención de Hugo axudaron a coñecer un pouco máis a súa figura.
Este curso retomamos os obradoiros dos recreos na biblioteca. Nestes obradoiros levamos a cabo actividades de animación á lectura, fixemos manualidades relacionadas co proxecto , creación de murais colaborativos...
Un dos aspectos máis positivos deste ano foi poder retomar os obradoiros internivel que tan positivos resultaran a primeira vez e que polas medidas contra a COVID non fora posible levar a cabo.
Dous destes obradoiros, no primeiro e no segundo trimestre, estiveron moi relacionados coa biblioteca do centro e coa súa labor na animación á lectura. Nesta publicación falaremos do primeiro deles: Xoga un conto 1 :bosques de outono.Baixo o lema Nin príncipes azuis nin belas dormentes, este ano relacionamos a conmemoración do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. co proxecto do cine e traballamos estereotipos de xénero en personaxes femininas de películas.
Polo Samaín , como xa é tradición e este curso con máis motivo todavía, celebramos o IV Festival de Curtas de medo en colaboración coas familias. Unha vez reunidas todas as curtas fixemos un visionado no salón de actos. Pasámolo de medo!!!
Dende a biblioteca do centro fixemos unha selección de libros coa temática desta celebración que tanto nos gusta.
Durante as primeiras semanas investigamos os inventos previos á aparición do cine. Exploramos cos efectos ópticos e as posibilidades da luz.
Neste curso que está a piques de rematar o medio de difusión máis utilizado foi o instagram do nosos cole baixo o hashtag #biblioblogreboreda. Aínda así queremos deixar no blog da nosa biblioteca constancia de todo o acontecido neste ano tan fermoso adicado o maravilloso mundo do cinema. Comezamos o repaso por un curso de cine!!!