domingo, 31 de agosto de 2008

CALENDARIO ESCOLAR 08-09

Xa estamos a día 1 de setembro, inicio do novo curso escolar. Seguro que, aínda que o pasastes moi ben, cando menos un pouquiño, nos botastes de menos. Pero bueno, vos con calma que ata o día 11 non tedes que vir. Nós os profes, temos moitas cousas que preparar, moitas reunións ás que asistir, moitos papeis que cubrir,... todo para que a día 11 entredes con bo pe no curso que comeza.

Para os papás e mamás que queiran saber como se vai desenvolver este novo curso poden facer clic na imaxe, e poderán consultar o calendario escolar 2008-2009.

Feliz comezo de clases a tod@s!!!!

domingo, 10 de agosto de 2008

NARNIA: PREGUNTA 3

Seguro que si recordades a película de "El príncipe Caspián", recordaredes que Caspian fai sonar o corno que pertencía á Raiña Susan, o corno máxico que fai volver aos catro irmáns a Narnia, mentras escapaba, polo bosque, dos soldados do seu tío Miraz, que quere matalo. Pero se lestes o libro seguro que sabedes que ese non foi o momento, nin o lugar en que Caspian fai sonar o corno máxico.
Onde estaba Caspian (no libro) cando decide tocar o corno para recibir axuda de Aslan e os catro reis antepasados, fillos de Adán?

sábado, 9 de agosto de 2008

XOGOS OLÍMPICOS

É imposible non darse conta de que deron comezo as Olimpiadas. A tele, a radio, a prensa, encárganse de dicírnolo a todas horas. Pero si queremos aproveitar o tempo e ver exclusivamente aqueles deportes que nos interesan, aos deportistas españoles, e estar enterado en todo momento do que acontece, o mellor é visitar o sitio Web Oficial da Olimpiada.
Se facedes clic encima da foto do primeiro medallista español (ouro, Samuel Sánchez), poderedes consultar toda a información que necesitedes saber sobre estos Xogos. Seguro que así renxeredes mellor o tempo, e poderedes aproveitar para ler algún que outro libro, sin deixar de ir á praia, ao monte, ...

miércoles, 6 de agosto de 2008

"A CASA DA LUZ"

"A casa da luz", Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, escrita por Xabier P. Docampo, comeza a súa andaina en imaxes. Si, están a facer unha peli. Baixo a dirección de Carlos Amil, esta vai ser unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nen@s, que se realiza en Galiza, integramente en galego, baseada nunha novela galega, e dun autor galego. Vaia!.
Por se pasades cerca, acercádevos ata a cidade de Borneiro, a carballeira de Baio, ou a Betanzos, son algunhas das localizacións elixidas para a rodaxe.
Sorte para a peli!!!

martes, 5 de agosto de 2008

XOGOS DE NARNIA

Se visitastes as páxinas que vos recomendamos nun dos artigos anteriores de Narnia, seguro que xa destes con eles, senón, atentos.
Ademáis de moitas outras cousas tedes á vosa disposición estos xogos: "Criaturas en la niebla", e o "Pinball do Príncipe Caspian".
Premede na imaxe e chegaredes directamente.
Entrade en Narnia, e buscade "Jugar"

NARNIA: RESPOSTA 2

O que máis se aproximou foi Manuel. A espada de Peter chámase "Rhindon", e como di Manuel, din o seu nome no libro "El príncipe Caspián". Ao final do segundo capítulo (La vieja cámara del tesoro), Peter, Sumo Monarca de Narnia, di: -Es mi espada Rhindon, con la que maté al lobo.

lunes, 21 de julio de 2008

NARNIA : PREGUNTA 2

Seguro que recordades que no libro "El león, la bruja y el armario", Santa Claus fai regalos a Peter, Susán e Lucy. En concreto a Peter, regálalle un escudo e unha espada, coa que mata ao lobo xefe da policía secreta da Bruxa Blanca, Maugrim, e coa que Aslan, o nomea cabaleiro.
Cal é o nome desta espada, a espada de Peter?

viernes, 18 de julio de 2008

TRIVIAL EN GALEGO

Por si vos aburrides, que espero que non suceda, incluimos no apartado "XOGA E CURIOSEA", da columna lateral, un novo enlace: Trivial en Galego. É un xogo de preguntas e respostas, en Galego, que porá a proba os teus coñecementos sobre a nosa autonomía dunha forma moi divertida.

lunes, 14 de julio de 2008

NARNIA: RESPOSTA 1

Non buscastes ben, nas páxinas que vos demos aparecían as respostas.
Os libros foron publicados na orde en que están aparecendo as pelis, que foi a orde en que o autor, C.S. LEWIS, os escribiu. Pero, logo, un neno, a través dunha carta propúxolle ao autor cambiar esa orde, para que se correspondese coa orde na que suceden as cousas (orden cronolóxico de acontecementos), e a Lewis gustoulle a idea. A partir de ahí, a maioría das editoriais decidiron utilizar esa orde.
Orde orixinal de aparición dos Libros (entre paréntesis a orde en que aparecen os libros hoxe en día):
1. "El león, la bruja y el armario" (2)
2. "El príncipe Caspian" (4)
3. "La travesía del viajero del alba" (5)
4. "La silla de plata" (6)
5. "El caballo y el muchacho" (3)
6. "El sobrino del mago" (1)
7. "La última batalla" (7)

PON MÚSICA

Se baixades pola columna lateral atoparedes unha nova sección "Pon Música", para que mentras ollades o Blog, poidades escoitar a música que máis vos gusta. Polo de agora só temos 3 melodías, (The Rasmus, Tokyo Hotel e Mago de Oz) pero se nos dicides algunha que vos guste, poremos algunha máis.
E seguide así, disfrutando do Verán.

sábado, 28 de junio de 2008

NARNIA: PREGUNTA 1

Seredes capaces de dicirnos cal é o motivo de que a orde dos libros de Narnia non coincida ca orde das pelis?. Hai unha razón e realmente de moito peso.
A ver se a averiguades!!!
Sorte!!

viernes, 27 de junio de 2008

LIBROS DE CINE

Seguro que xa todos sabedes que estrean a segunda película de Narnia: "El príncipe Caspian", que se corresponde co cuarto volumen da serie de libros "Las crónicas de Narnia". Os que leron algún dos sete libros seguro que están ansiosos por ver a peli, para os que non, apresuradevos, por que hai moitas cousas que non sabedes de Narnia. Pronto moi pronto, farémosvos algúnhas preguntas. A ver quen as acerta!!!
Mentras, consultade estas páxinas, seguro que atopades cousiñas interesantes: